Entre un 70 e un 80 % das mulleres recorren á ablación para poñerlle remedio. O 82 % das mulleres que a padecen non poden levar vida normal durante uns días. Hai máis persoas con endometriose en España (10 %) que con diabetes (7,8 %) ou asma (7,7 %).
  comenta   0
Todos os hospitais galegos recibirán novos equipos dentro do proceso de renovación das tecnoloxías dos centros de saúde que leva a cabo a Xunta.
  comenta   0
España conta cuns 8.000 enfermeiros especialistas en Enfermaría Obstétrico-Xinecolóxica traballando no Sistema Nacional de Saúde, moi por detrás dos países da contorna europea.
  comenta   0
Os Top Doctors Awards, que premian ás e aos doutores da medicina privada do Estado, galardoaron ao doutor Luís Busto Martín e á doutora Julia Rodríguez Fernández.
  comenta   0
"Aquí, o que hai é un axuste de contas, unha represalia contra unha persoa que o único que fixo foi defender o hospital público", mantén o PSdeG.
  comenta   0
Serán dous días de suspensión. Javier Castrillo presentará alegacións ao ver a proposta "inxusta" e "unha vinganza", mentres que a Xunta evita valorar o que cualifica de "proceso administrativo".
  comenta   2
Un ano despois do intento de peche do paridoiro de Verín os e as profesionais sanitarias seguen denunciando a escasa atención ao hospital comarcal por parte da xerencia de Ourense. Os argumentos para pechar o paridoiro quedaron desmontados segundo fontes sindicais. Agora o expediente a un xinecólogo fai sospeitar a parte do persoal e da veciñanza de que existen motivos “escuros” que buscan continuar a política de desmantelamento do centro hospitalario.
  comenta   0
Javier Castrillo foi o sanitario que máis se opuxo ao peche do paridoiro de Verín que se faría efectivo o 1 de decembro de 2019. Segundo o facultativo, un intercambio de pareceres entre unha pediatra e el sobre a situación dun neonato foi o motivo polo que cre se lle abriu un expediente. Dito documento ábrese un ano despois dos sucesos e con declaracións da pediatra indicando que lle pediran desde a xerencia de Ourense asinar contra Castrillo. Feijóo nega "caza de bruxas" e di que foi froito da denuncia doutra compañeira.
  comenta   1
Os dirixentes da Xunta, co presidente, Alberto Núñez Feijóo á fronte, negaron que se "persiga" a Castrillo por ser unha das caras máis visibles na defensa do paritorio de Verín.
  comenta   0
'Castrillo non se toca' conta co apoio de BNG e PSdeG, pero tamén dos alcaldes e portavoces do PP da zona de Monterrei, que piden que se retire o expediente aberto este facultativo.
  comenta   1
O PSdG esíxelle que rectique a apertura dun expediente ao xefe de xinecoloxía que defendeu a continuidade do paritorio. Feijóo axita os resultados electorais na localidade, onde o PP se achego ao 50% dos votos.
  comenta   0
Un ano despois do potente movemento social contra o peche do paridoiro, Félix Ruibal incoa un expediente disciplinario contra o xefe de xinecoloxía. PSdeG e BNG anuncian que levarán o caso ao Parlamento.
  comenta   2
Andrea Vila, á que lle fixeron a proba do covid tras dar a luz, di non ter recibido explicacións sobre os motivos de non poder ingresar no centro hospitalario.
  comenta   0
Anuncia a presentación dunha iniciativa no Parlamento galego, á que se sumará outra de Marea Atlántica no pleno municipal.
  comenta   0
Leva a súa portada dixital unha entrevista co xefe de xinecoloxía do CHUO defendendo o peche do paritorio de Verin e outra sobre as novas unidades do Chuac, cando miles de persoas saíron á rúa na localidade ourensá este sábado.
  comenta   15
O colectivo querEndo denuncia que hai mulleres con problemas de endeometrose que teñen ata dez meses de agarda.
  comenta   0