O youtuber arxentino Joaco Santos adéntrase no Vao para coñecer a realidade actual do barrio, onde o patriarca do Vao de Arriba, Adolfo Casal, lle asegura que "por aquí vén de vez en cando a policía, pero antes estaban aquí 15 horas parando a mozos, que entraban por outro monte, xa sabes o que é un drogadicto, que ten que buscar (a droga) e entra por onde sexa".
  comenta   0
Os responsables do programa do PPdeG reuníronse nos últimos días con representantes do Secretariado Xitano e do colectivo musulmán en Galicia par escoitar as súas achegas e concretar demandas.
  comenta   0
Sociedade Xitana Española denunciou "trato discriminatorio" por parte do Concello ás familias de etnia xitana que vivían no edificio. A familia falecida era coñecida polos servizos sociais do Concello e da Xunta.
A confiscación de bens dos condenados por parte do clero era a práctica habitual. Por iso, a codicia de moitos inquisidores fixo que mesmo xente que nada tiña que ver con herexías nin prácticas de bruxería, e que profesaba a fe cristiá, ardese na fogueira ou fose torturada ata a morte.
  comenta   1
A Garda Civil procedeu á súa detención por incumprir, presuntamente, a orde de afastamento do mercadillo que ten vixente. O xulgado de Cangas decretou a súa posta en liberdade, pois segundo concreta a Sociedade Xitana Española, da que é presidente, non estaba no mercadillo, senón estacionado en dobre fila "esperando un espazo para aparcar fóra da distancia radial establecida pola medida cautelar".
Será no balcón da Casa da Luz con motivo da conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano.
  comenta   0
A Xunta achegará 25.000 euros de fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero á Fundación para que esta poida ofrecer estas actividades entre a comunidade xitana. As achegas suman 100.000 euros desde 2019, cando se iniciou a colaboración.
  comenta   0
O director xeral da Fundación Secretariado Xitano, Isidro Rodríguez, expuxo que este programa tivo impactos "máis aló das cifras". Neste sentido, explicou que provocou "un cambio nas percepcións sociais das empresas e das administracións".
  comenta   0
“Loitaremos nas praias, loitaremos nas pistas de aterraxe, loitaremos nos campos e nas rúas, loitaremos nos montes, nunca nos rendiremos!”. Son frases que forman parte dun dos tres discursos que Winston Churchill pronunciou ante a Cámara dos Comúns, entre maio e xuño de 1940, durante a denominada “Guerra de Francia”. As verbas que reproduzo foron pronunciadas o 4 de xuño. Un par de días antes concluíra a Operación Dinamo, coa que se lograra evacuar a mais de 300.000 soldados franceses, británicos e belgas das praias de Dunkerque. O exército nazi campaba ás súas anchas por boa parte de Europa Occidental. Reino Unido mantíñase en pé fronte ao inimigo. O título que se lle deu ao primeiro dos discursos de Churchill, o do 13 de maio, quedaría moi curto ante todo o que o se aveciñaba: “Sangue, esforzo, bagoas e suor”. Estábamos as portas da que se chamou a “Batalla de Inglaterra”.
  comenta   0
Nunha declaración institucional, a Cámara autonómica recoñece que foi necesario "esperar moitos anos" para que o pobo xitano gozase de recoñecemento institucional.
  comenta   0
Varias institucións galegas unen forzas para rachar cos tópicos sobre o pobo xitano, un colectivo que en Galicia suma 13.000 persoas.
  comenta   0
O Consello de Ministros tamen acordou distribuír ao redor de 28.400 euros a proxectos de intervención social integral para a atención, inserción e prevención da marxinación do pobo xitano.
  comenta   0
Compran "luvas de lavar a louza" e fan "máscaras con trapos" para protexer "como poden" a anciáns e nenos fronte ao coronavirus. O alcalde de Maside explica que o Concello entregou lotes básicos de comida e produtos de limpeza a todas as familias en exclusión social.
  comenta   0
Esta lucense denunciou recentemente un caso de discriminación que sufriu nun comercio "polo simple feito de ser muller e xitana". Lamenta que non son actitudes illadas, senón que o racismo se estende a todos os ámbitos: "Se te apelidas Montoya, telo moi difícil para alugar unha vivenda"
A afectada explicou que se sentira "perseguida" no interior do local. "Por ser muller e xitana xa es sospeitosa", lamenta. O persoal do establecemento nega trato racista.
A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou o plan 'Promociona' da Fundación Secretariado Gitano pola súa achega á igualdade de oportunidades.
  comenta   0
"A comunidade xitana está a cambiar a pasos máis acelerados desde que a muller decidiu mostrar o que xa mandaba, pero ese era un mandato máis oculto" din desde a Fundación Secretariado Xitano.
  comenta   0
O avogado do clan dos Morones precisou que "este acordo tivo o obxectivo de tentar chegar a unha paz entre as partes dunha vez por todas; que se logre ou non xa é outra cuestión, pero é unha primeira pedra".
  comenta   0
Faráo contra medios que falen "de forma despectiva ou digan a palabra "autoproclamado" facendo referencia á elección do suposto novo Rei dos Xitanos en Galicia, Sinaí Giménez.
  comenta   0
Ten como obxectivo dar a coñecer musicalmente unha cultura que está connosco, que forma parte dá a nosa vida en Galicia e que, ás veces, non a percibimos como un parte da nosa cultura", sinalou a concelleira Carme da Silva.
  comenta   0
O humorista de Carballo fixo alusión á comunidade xitana nun vídeo que logo retirou e pediu desculpas "ás persoas que puidesen sentirse ofendidas".
  comenta   3
O irmán pequeno desta familia de étnia xitana que protagonizou duros enfrontamentos con outros xitanos, sae de prisión após abonar unha fianza de 20.000 euros
  comenta   0