Carme Pereiro é a coordinadora do Proxecto Youtubeiras, unha vía para a normalización do galego dentro da Rede. Na edición deste ano, Pereiro sinala a calidade dos vídeos enviados ao certame e o aumento no número de participantes. O equipo de Youtubeiras está pensado en crear un arquivo de vídeos coas diferentes temáticas para ofrecer a futuras creadoras un catálogo co que aprender e informarse sobre técnicas e historias.
  comenta   0
Os 'Premios Youtubeiras', organizados polos servizos de normalización lingüística de 12 concellos, das tres universidades e da Deputación da Coruña, xa teñen finalistas para os seus oito premios.
  comenta   0
O obxectivo de fomentar a creación no Youtube en galego con temáticas e formatos diversos, así como promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas xeradoras de contidos na Rede
  comenta   0
Xacobo de Toro, Aquel-e, Aaron Vilariño, MJ Pérez, Blanca e Tinta, Siradella Films, A Rabela e Flow de Toxo repártense os galardóns dos III Premios Youtubeir@s, entregados este venres no Teatro Principal de Santiago.
  comenta   0
O trap "Que nos pille rebolando", a rancheira "O Queimaserebros", e uns cantos vídeos dunha subida aos Alpes que están a piques de saír do forno son algunhas das posibilidades que hai para ver no YouTube galego. As producións veñen da man de Aquel-e, Blanca e Tinta e A Lobeira Today. Falamos con eles das súas meirandes creacións audiovisuais e do emprego do idioma galego na plataforma.
  comenta   1
Di que ao comezo non lle tiña apego ningún ao ordenador... Mais unha vez que se afixo a el non houbo volta atrás. Cruz é unha das mulleres da canle de YouTube Teño unha horta en San Sadurniño e agora tamén leva outra máis: As hortucas de Ferreira. Mostra un rural vivo, dinámico e moderno, que racha patróns e que, ademais, traspasa fronteiras. Ten seguidores internacionais e moitos coñecementos agrícolas que seguir compartindo cos seus subscritores.
  comenta   0
O Youtube reborda de contido creativo galego e en galego. Nesta peza repasamos dez canles desta rede social que calquera debería coñecer: falan na nosa lingua e daquilo que nos identifica. Dádelle ao play!
  comenta   9