O Ribeiro acollerá un proxecto piloto para a recuperación de terras agrarias abandonadas

Terán prioridade os mozos que se queiran especializar na viticultura.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2019 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

A comarca ourensá do Ribeiro acollerá un proxecto piloto para a recuperación de terras agrarias abandonadas no rural no que terán prioridade os mozos que se queiran especializar na viticultura.

Así o avanzou o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, quen indicou que o grupo maioritario na Cámara traballa coa Consellería do Medio Rural para a posta en marcha do citado proxecto piloto na comarca do Ribeiro.

Vides da Denominación de Orixe Ribeiro
Vides da Denominación de Orixe Ribeiro | Fonte: UVigo.

Esta iniciativa ten por obxectivo a recuperación de terras abandonadas no rural para a activación de proxectos nos que se dará prioridade a viticultores novos que poderán establecer acordos con produtores de marcas consolidadas da denominación de orixe e así "vender uva a un prezo rendible".

Segundo o portavoz popular, a recuperación de terras será un dos eixos da futura lei na que traballa a Consellería do Medio Rural e que perseguirá que as explotacións "teñan un tamaño suficiente" para producir en sectores "con moito futuro e mercado" como o vitivinícola.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta