Albert Rivera sitúa á galega Beatriz Pino no seu equipo de confianza

A deputada por Pontevedra pasa a formar parte da Executiva de Ciudadanos tras a purga de cargos na dirección.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 29/07/2019 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

A deputada que Ciudadanas conseguiu en Galicia para o Congreso, Beatriz Pino, incorpórase ao Comité Executivo Nacional do partido. Esta incorporación é parte das 22 propostas no Consello Xeral extraordinario convocado para ampliar este órgano até os 50 membros con persoas afins ao seu líder, Albert Rivera.

Beatriz Pino durante a rolda de prensa
Beatriz Pino durante a rolda de prensa | Fonte: EP

 

"Desta maneira, o equipo de C's segue crecendo con novas incorporacións á Executiva nacional, composta actualmente por 50 persoas con experiencia e talento, leais ao proxecto de España e que comparten os valores de liberdade e unión", apunta a formación laranxa nun comunicado.

 

A entrada de Pino na Executiva de C's ten que ver coa crise interna que vive esta formación, logo de que destacados membros deste partido apostaran por un pacto entre C's e o PSOE, en contra da liña imposta polo seu líder, Albert Rivera e a súa voceira, Inés Arrimadas.

 

Beatriz Pino é Marta Rivera de la Cruz --aínda que esta está radicada en Madrid desde hai tempo-- son as únicas galegas na dirección de Ciudadanos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 nostrus

Claro, porque C´s es un partido de confianza, leal y que apuesta por la realidad, la diversidad y el bilingüismo. No como otros que son renegados, desleales y que consideran a los humanos como siervos de las lenguas, las culturas y otras trapalladas y que todo su ideario es espiritual y se entrometen en la vida de las personas tratando de evangelizarlas.

1 Benghala

Para un partido estatal non hai nada máis servicial que un deputado gallego. Non dan problemas, manteñen o territorio pacificado e invitan a marisco cando os amos veñen á colonia...

1 nostrus

Porque os galegos somos xente de fiar (agás os naciotas).