Educación aproba 36 bolsas postdoutorais Fullbright para cursar nos EE.UU.

Tamén asume a incorporación de sete científicos do Programa Ramón e Cajal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2019 | Actualizada ás 20:56

Comparte esta noticia

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional deu luz verde á firma dun novo acordo coa Comisión Fullbright, por un importe de 432.000 euros, para o programa de bolsas Xunta de Galicia-Fullbright, que permitirá a 36 postdoctorais galegos o acceso a unha estancia da entidade e a unha axuda complementaria de 5.000 euros brutos anuais durante cada un dos dous anos que pasarán en Estados Unidos para os seus gastos de instalación e mantemento.

Científica na Unidade Mixta de Investigación
Científica na Unidade Mixta de Investigación | Fonte: ganadores.gal.

Esta acción permitirá aos 12 beneficiarios das convocatorias postdoctorais da Xunta deste ano e de 2020 e 2021, na súa modalidade A e que realicen a estancia en EE.UU., a optar á condición de bolseiro Fullbright.

Ademais, destinará 294.000 euros á incorporación de sete científicos do Programa Ramón e Cajal ao tres universidades galegas, onde traballarán como investigadores durante o próximos cinco anos. As universidades poderán contratar laboralmente a sete candidatos a tempo completo, cinco na USC, un na UVigo e outro na súa homóloga da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta