Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2019 | Actualizada ás 12:02
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou a concesión de axudas para o "fomento da igualdade de oportunidades e a loita contra as violencias machistas para este 2019". Destinaranse a 21 entidades de carácter social en dez municipios.
As subvencións teñen un orzamento de 105.000 euros e benefícianse os concellos de Caldas, Cambados, Cangas, A Guarda, Mos, Pontevedra, Silleda, Vigo e Vilagarcía de Arousa.
Neste sentido, o Goberno pretende apoiar a estas entidades para que poidan desenvolver proxectos e actividades de sensibilización, formación, prevención de violencia machista, atención a mulleres e fomento da igualdade de homes e mulleres, entre outros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.