Abel Caballero remite a Feijóo a listaxe de actuacións que condicionan o diálogo "da cidade" coa Xunta
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este luns en que o diálogo "da cidade" coa Xunta e co presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, está condicionado a que haxa mostras de "vontade" por parte do goberno autonómico de saldar a "débeda histórica" coa cidade, e "levantar vetos" sobre diversas actuacións.
Por E.P. | VIGO | 05/08/2019 | Actualizada ás 14:39