A comisión do Congreso que investiga os contratos de emerxencia destinados á compra de material sanitario en pandemia aprobou este martes unha listaxe de 134 comparecencias que saíu adiante co apoio do PSOE e os seus aliados parlamentarios, mentres que o PP queixouse de que só unha quinta parte ten relación co chamado 'caso Koldo' e, como Vox, tachou a investigación de "paripé".
  comenta   0
Alfonso Rueda remata coa época Feijóo e deseña un goberno a súa medida na que priman máis os lazos de fidelidade e amistade que os de autoridade. Aposta por cargos políticos máis que por tecnócratas e fulmina o modelo de sucesión instaurado polo seu antecesor.
  comenta   2
O novo Goberno de Alfonso Rueda despréndese dun modelo acuñado polo seu antecesor, Alberto Núñez Feijóo, a partir do seu segundo mandato, e decidiu eliminar as vicepresidencias, aínda que Diego Calvo mantén as competencias de Presidencia, Xustiza e Deportes, e Ángeles Vázquez será responsable de Medio e Cambio Climático.
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, xurou o seu cargo ante o Estatuto de Autonomía cunha proclama: traballar polo "interese supremo" da comunidade que dirixe desde que en maio de 2022 converteuse en sexto presidente autonómico ao suceder a Alberto Núñez Feijóo. Non en balde, proclamou que "Galicia aspira a todo".
  comenta   1
O dirixente pontevedrés, quen en 2022 protagonizou a histórica substitución de Feijóo, abrirá unha nova etapa tras a vitoria nas urnas do 18F.
  comenta   0
Asistiu a plana maior do PP encabezada polo presidente do partido, Alberto Núñez Feijóo, e a presidenta rexional, Isabel Díaz Ayuso, xunto a diferentes líderes autonómicos 'populares'.
  comenta   0
Lembra que hai cargos socialistas involucrados na contratación de máscaras. Evita falar dos contratos que a Xunta realizou con empresas de familiares de Feijóo, entre elas, a súa irmán ou o seu cuñdo.
  comenta   0
A concelleira de Urbanismo do goberno municipal de Vigo, a socialista María José Caride, censurou que, "cando Feijóo (sendo presidente da Xunta) negou a necesidade dunha nova autovía", Nidia Arévalo "estivo calada".
Feijóo cumpre dous anos á fronte do PP cun poder territorial histórico pero coa decepción de non gobernar España.
  comenta   0
Luís Bará considera "sospeitosas" adxudicacións a unha empresa para o rastrexo de casos covid vinculada a Ignacio Cárdenas, irmán de Eva Cárdenas.
  comenta   0
“Queremos saber porque hai unha contratación sistemática a dedo con Eulen, se estamos ante un caso de nepotismo, de favoritismo, de amiguismo puro e duro", asegura. Desde que Feijóo estivo de presidente en Galicia e ata antes da súa saída, a empresa Eulen facturou máis de 30 millóns de euros.
  comenta   0
As ameazas a unha xornalista feitas polo director do Gabinete da Presidencia da Comunidad de Madrid, Miguel Ángel Rodríguez, son só un exemplo das moitas coaccións que caen sobre os e as profesionais dos medios. Neste caso hai unhas probas evidentes nunha liña de Whatsapp, mais a maioría das veces as coercións veñen vestidas con frases de dobre sentido, ameazas de retirada da publicidade e outros métodos. Galicia tamén coñece este sistema de control exercido ao mellor de maneira máis sibilina, aínda que tamén daniña.
  comenta   3
As empresas da irmán de Feijóo e da parella de Ayuso son dúas das catro que máis contratos recibiron en 2021. Rueda di que son contratos de emerxencia en Galicia e insiste en que "non ten nada que ver" co 'caso Koldo'.
  comenta   0
O Goberno cuestiona a denuncia dos populares contra o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, polas relacións da súa esposa coa aerolínea Air Europa, que foi rescatada con fondos públicos.
  comenta   0
Sánchez di que con esa amistade, Feijóo "escalou todo máis alto no PP pero no PSOE non chegaría nin a concelleiro de pobo".
  comenta   0
"O conseguidor chamábase Pachi Lucas. Non era un amigo calquera, senón alguén inseparable do señor Feijóo durante 15 anos" declarou o ministro de Transportes, Óscar Puente.
  comenta   0
Sánchez a Feijóo: "Imos imaxinar que eu son alto cargo dunha comunidade, poñamos que da Xunta de Galicia. E durante cinco anos teño unha relación de estreita amizade cun capo do narcotráfico".
  comenta   0
Tellado acusa a Sumar de "cómplice" no caso Koldo e Yolanda Díaz afea a corrupción do PP coa situación de Baltar que tampouco dimitiu como senadro.
  comenta   0
Puente relaciona a Feijóo con este caso de presuntas fraudes a subvencións en cursos de formación. Acusa á familia de Ayuso de "seguir o mesmo patrón" de "aproveitamento do erario público". Piden a comparecencia de Rajoy no Congreso pola chamada 'Operación Cataluña'.
  comenta   1
Conclúe a reunión de tres días que tivo lugar en Córdoba entre Feijóo, a dirección do partido e os presidentes das comunidades e cidades autónomas gobernadas polo PP.
  comenta   0
O novo contrato, ao que tivo acceso Europa Press, pode alcanzar en total un importe máximo de 2.011.625 euros para os servizos de interpretación e tradución das intervencións realizadas nas linguas cooficiais, mentres que o primeiro contrato que se licitou estaba orzado inicialmente nun montante que podía chegar ata os 756.000 euros, é dicir, un incremento total de ata 1,25 millóns de euros, uns 250.000 euros extra ao ano.
  comenta   0
O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, reuniu a membros da dirección do partido e aos presidentes das comunidades e cidades autónomas gobernadas polo PP desde o venres ao domingo en Córdoba.
  comenta   0
Rueda participa desde este venres ao domingo no 'retiro' convocado polo seu xefe de filas tras lograr a súa primeira maioría absoluta o 18F.
  comenta   0
Feijóo lembraba hai dous anos, tras un suposto caso de corrupción non concello de Madrid, que durante a pandemia "improvisouse moito" por falta de material.
  comenta   0
Non estaba Feijóo, estaba Rueda e, aínda así, os populares conseguiron unha vitoria contundente o 18F. Que hai detrás da campaña do PPdeG para colleitar 40 deputados despois dunha minicrise de microplásticos, un candidato novo, unha campaña de mensaxes contradictorias e unha contricante en alza en todas as enquisas?.
  comenta   6
Di que realizará cambios tras un proceso de reflexión para "acertar coas mellores persoas e estruturas". Destaca os resultados de Pontevedra e Lugo, a pesar de ser segunda forza en Vigo, e perder un escano en Lugo. Pide colaboración nesta nova etapa aos alcaldes, principalmente, aos de Santiago e Vigo.
  comenta   1
Reta a Sánchez a explicar o revés do PSdeG o 18F e o presidente español lémbralle que é el o que ten que explicar a súa "confesión" coa amnistía.
  comenta   0
Todos os principais líderes do PP e medios de comunicación interpretan a victoria de Rueda como unha vitoria de Feijóo e unha derrota de Sánchez. Os principais dirixentes da política española xogan coas eleccións de Galicia en clave madrileña
  comenta   3
O líder dos populares felicitou ao seu sucesor por superar "o exame con matrícula de honra" e situou a Galicia como "exemplo" por "acantonar ao sanchismo".
  comenta   0
O líder do PP acusa a Sánchez de levar ao PSOE á "irrelevancia" e recalca que estas eleccións demostraron que concentrar o voto no PP "frea ao independentismo".
  comenta   0