Rueda di que "contará a verdade" se é chamado a declarar polos contratos Covid na Comisión do Congreso

Lembra que hai cargos socialistas involucrados na contratación de máscaras. Evita falar dos contratos que a Xunta realizou con empresas de familiares de Feijóo, entre elas, a súa irmán ou o seu cuñdo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2024 | Actualizada ás 15:34

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, asegurou que el ou calquera membro do seu Goberno acudirá "con absoluta tranquilidade" a declarar á comisión do Congreso que investiga os contratos de emerxencia en pandemia levados a cabo polas comunidades autonómicas, no caso de producirse esta chamada.

Así o sinalou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta levado a cabo este xoves, onde dixo que asistirían "contando a verdade" e con "absoluta tranquilidade". Precisamente, o PSOE denuncia que Feijóo, cano dirixía o Goberno galego, realizou contratos por máis de 18 millóns de euros cunha empresa na que é directivo o seu cuñado. Tamén a oposición galega ten denunciado contratos coa empresa da que é directiva a súa irmán.

Con todo, Rueda puxo o foco en que, ao seu xuízo, esta comisión non se creou se non saísen á luz os distintos "escándalos" que se coñeceron nas últimas semanas, "con datos que estamos a coñecer incribles, que se van coñecendo máis, de efecto progresivo, cada vez con máis gravidade, que afectan a cargos moi renombrados do Partido Socialista e familiares de cargos moi importantes do Partido Socialista". Non fixo alusión aos contratos da Xunta na época de Feijóo.

A pesar de todo, dixo que este tipo de comisións son un dereito que teñen os deputados do Congreso a través das súas maiorías, "e se se conforman e queren falar das actuacións que se fixeron nas comunidades autónomas, e chaman a calquera membro do goberno da Comunidade, por suposto que acudiremos", sentenciou.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda. DAVID CABEZON / XUNTA / Europa Press
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda. DAVID CABEZON / XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta