As reservas dos grupos sanguíneos 0- e 0+ atópanse baixas en Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/08/2019 | Actualizada ás 11:33

Comparte esta noticia

As reservas dos grupos sanguíneos Cero positivo (0+) e Cero negativo (0-) atópanse en nivel baixo en Galicia, mentres que as da negativo (A-) e A positivo (A+) están normais, segundo a información facilitada este venres pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).

En concreto, ADOS lembra que para poder atender as necesidades dos centros sanitarios galegos son necesarias 500 doazóns de sangue cada día, polo que subliña a importancia de acudir a doar de todos os grupos sanguíneos.

Co fin de facilitar a doazón, o vindeiro luns, 12 de agosto, ADOS desprazará unidades móbiles aos municipios coruñeses de Monfero --Ponte da Pedra--, Arteixo --entrada da rúa Peonil--, A Coruña --Praza das Conchiñas--, Ames -Rúa Cruxa en Milladoiro-- e A Pobra do Caramiñal --Praza Alcalde Segundo Durán--.

Tamén o luns haberá unidades móbiles de ADOS para faciliar a doazón no concello lucense de Rábade --Praza de España-- e na cidade de Ourense --Rúa do Paseo, 37--. Así mesmo, o luns 12 desprazaranse unidades móbiles aos municipios pontevedreses do Grove --Praza do Corgo--, Moaña --diante do centro de saúde-- e Vigo --cale Barcelona--.

Doazón de sangue
Doazón de sangue

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta