Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/08/2019 | Actualizada ás 18:23
Catro persoas foron detidas no marco dunha operación dirixida pola Garda Civil de Ourense, que conseguiu desarticular unha rede organizada dedicada ao tráfico de drogas con catro puntos de venda nas localidades do Barco de Valdeorras e A Rúa (Ourense), e Puente Domínguez Florez (León). A investigación iniciouse a principios do pasado xuño, cando a Garda Civil recibiu queixas dos veciños, os cales observaban un tránsito inusual de drogodependentes que accedían a varios inmobles a calquera hora do día.
Tras varios meses de investigación, a Policía Xudicial de Ourense comprobou que se trataba dun grupo de catro persoas. Na operación incautáronse 180 dose de heroína, 800 euros en efectivo e elementos de pesada e corte da droga. Unha vez estudado o caso, foron detidos S.T.D., de 49 anos de idade, M.G.M., de 35 anos, A.F.L., de 62 anos e M.B.A., de 60 anos de idade, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública. O tres son de nacionalidade española e veciños das localidades.
ESTAFA
O equipo de estafas telemáticas da Garda Civil da compañía da Coruña, en colaboración co posto da Rúa, detivo unha muller como presunta autora dun delito continuado de estafa, segundo informa a Benemérita. O operativo púxose en marcha tras a denuncia por parte dun veciño de Teo manifestando que realizara a compra duns auriculares dunha coñecida marca, a través dun anuncio publicado nunha páxina de compravenda en Internet, efectuando o abono dos mesmos, tras o cal non recibiu a mercadoría adquirida.
Durante a investigación dos mesmos, comprobaron laa existencia de varios anuncios en portais de Internet, coas mesmas características que o denunciado, localizando a máis victimas desta suposta trama de estafas nas localidades de Oviedo, Xixón, Cerdanyola do Vallés e Ourense, non descartando a existencia de máis prexudicados.
O modus operandi era en todos os casos o mesmo: publicábase un anuncio duns auriculares dunha coñecida marca nos portais de compravenda de Internet e unha vez a vítima abonaba o importe da compra, retirábase o anuncio, rompendo toda posibilidade de comunicación co suposto vendedor, o cal nunca enviaba a mercadoría. A Garda Civil logrou a identificación da autora da estafa, a cal utilizaba identidades falsas para realizar as transaccións na rede, para dificultar a súa localización. Os axentes comprobaron que a mesma tiña antecedentes por feitos similares.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.