A valedora do Pobo apunta ao "feminismo" como "prioridade" nunha sociedade "cada vez máis complexa"

Fernández Galiño cre que desde a súa posición "aínda é pronto para facer unha radiografía", pero sinalou que percibe cada vez unha "maior complexidade", que se constata nunha administración tamén "máis complexa".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2019 | Actualizada ás 15:40

Comparte esta noticia

A recentemente elixida valedora do Pobo, María Dores Fernández Galiño, apuntou ao "feminismo" como unha das "prioridades" da súa nova responsabilidade no contexto dunha sociedade galega que é "cada vez máis complexa", xa que "vivir sen violencia de xénero é un dereito fundamental".

Así se expresou a rexente da institución de Valedor do Pobo nunha entrevista na canle galega da Radio Nacional Española (RNE), recollida por Europa Press este domingo.

Fernández Galiño destacou a "necesidade dunhas políticas públicas que poñan ao mesmo nivel as necesidades, aspiracións e preocupacións" de homes e mulleres. "O feminismo é unha loita forte, clara e universal" porque, ao seu xuízo, a discriminación por razón de sexo e xénero é "sistemática, dáse en todo o mundo e ten máis formas que as que se poden contemplar no ámbito da parella ou exparella".

Ademais, a valedora engadiu que esta "loita" é "necesaria" porque hai que "sumar e romper os estereotipos sociais que relacionaban á muller co fogar e ao home coa dominación", unha condición que considera que "se está superando".

SOCIEDADE COMPLEXA

Ao ser preguntada pola súa impresión sobre a sociedade galega á que se debe a institución, Fernández Galiño cre que desde a súa posición "aínda é pronto para facer unha radiografía", pero sinalou que percibe unha "maior complexidade cada vez", que se constata nunha "administración" tamén "máis complexa".

Ademais, a nova responsable do Valedor do Pobo manifestou que esta entidade está "consolidada" dentro da sociedade galega e respecto diso argumentou que existe unha "tendencia cada vez maior" a "requirir" os servizos da institución para resolver asuntos relacionados coa "sanidade, a educación ou os servizos sociais".

Neste sentido, aclarou que o Estatuto de Autonomía lle outorga "unhas funcións de tutela e promoción dos dereitos fundamentais" que "flexibilizan moito a actuación de Valedor do Pobo". Ademais, destacou que ao ser un organismo vinculado á Comunidade non pode "descoñecer a riqueza cultural e lingüística" de Galicia.

A INSTITUCIÓN

Por outra banda, ao ser preguntada sobre como prexudicou á institución a actuación da antiga valedora do Pobo, Milagros Otero, Fernández Galiño decidiu "falar en positivo" e aludiu ao "equipo comprometido" en proceso de "transformación" co que conta desde que entrou na institución o pasado 2 de agosto.

Respecto dos recursos da entidade, a valedora explicou que se implantará unha sede electrónica para "axilizar a capacidade de resposta" e que se ofrecerá un servizo "telemático e sinxelo" destinado aos cidadáns.

De esquerda a dereita: o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o vicepresidente do Parlamento de Galicia, Diego Calvo; o presidente, Miguel Anxo Santalices; a secretaria, Raquel Arias; e a valedora do Pobo, María Dores Fernández Galiño.. PARLAMENTO DE GALICIA
De esquerda a dereita: o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o vicepresidente do Parlamento de Galicia, Diego Calvo; o presidente, Miguel Anxo Santalices; a secretaria, Raquel Arias; e a valedora do Pobo, María Dores Fernández Galiño.. PARLAMENTO DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 anonimo7402

El feminismo es muy prioritario, clarísimo. Más, desde luego, que los 189 varones fallecidos en accidentes laborales entre enero y junio de 2019 [1]. Perspectiva de género, y tal: compárese con las 11 mujeres fallecidas por idéntico motivo durante el mismo periodo. [1] http://www.mitramiss.gob.es/estadis...

1 JOHN DOE

a ultima foi un-ha trapalleira é era muller...

1 Sentidiño

O teu xeito de razoar é outra proba do necesario que é o feminismo.