Os efectos da reforma laboral en Galicia

As empresas, entre elas varios grupos de comunicación, comezan a botar asalariados con experiencia aproveitando os recortes de dereitos. O BNG explica porque pide a retirada íntegra do texto nas Cortes.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 09/04/2012 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, e o portavoz no Congreso, Francisco Jorquera, presentaron en rolda de prensa a emenda á totalidade do BNG á reforma laboral e tamén explicaron o texto alternativo, que irá a debate o vindeiro xoves 12 no Pleno da Cámara.

Unha reforma “inútil que só busca rebaixar as condicións laborais”

Davila advertiu das consecuencias da reforma laboral que terá “resultados nulos á hora de xerar emprego, traerá máis precariedade e inestabilidade para os traballadores. Efectos que demostran que a regulación laboral non é causa da destrucción de emprego”. A deputada do BNG considerou que se trata “dunha reforma inútil, inútil porque incrementa o paro como están a demostrar os últimos dados sobre o paro rexistrado e agravará a recesión económica, sen tranquilizar aos temidos mercados porque a prima de risco sube”. Para Davila “o obxectivo último da  reforma é a busca dunha maior precariedade e desregulación nas relacións laborais”.

Para a deputada do BNG o “verdadeiro propósito do Goberno é rebaixar as condicións laborais dentro dunha estratexia global de aplicar unha economía ao servizo de quen máis ten, entregando as relacións laborais á patronal, e otorgando poderes exorbitantes ao empresario”.

None

Jorquera censurou os contidos da reforma laboral porque “limita dereitos básicos laborais que teñen un profundo arraigo histórico”. Neste sentido, aludiu ao abaratamento do despido, facilita a reducción de salarios ou a movilidade xeográfica-forzosa, desampara aos traballadores en casos de despidos colectivos, agrava máis aínda a desigualdade das mulleres no mercado laboral ou empiora na precariedade laboral da mocidade.

Davila detívose especialmente nos efectos para as mulleres posto “que merma totalmente o logrado até o de agora no ámbito da conciliación”.

O BNG di que ten alternativas

As propostas do BNG van na dirección de impulsar a contratación estábel e digna, dar maior estabilidade no emprego que permita incentivar o consumo e a recuperación económica. E a ese obxectivo se adica a maior parte das alternativas que propón o BNG no seu texto: estabilidade laboral con condicións dignas.

Hai otras propostas como a contida na disposición adicional sexta, relativa á regulación de normas e criterios para as retribucións do personal directivo de entidades económicas, “fixando límites máximos tanto retributivos como de indemnizacións por extinción de contratos do personal directivo”. Asemade, na disposición adicional séptima, o BNG propón límites na percepción de salarios no sector público, tanto nos contratos de alta dirección como nos órgaos constitucionais, xudiciais e consultivos “fixando como tope máximo a retribución do Presidente do Goberno”.

Jorquera lembrou que as medidas do Goberno Rajoy “é o maior ataque aos dereitos dos traballadores da historia da democracia” e alertou de que conlevará “unha grande deflacción salarial que provocará máis crise, menos consumo e máis paro”. Ademáis, puntualizou, estes efectos “non só afectarán aos traballadores senón que tamén se notarán nas empresas e no círculo de consumo”.

O portavoz do BNG no Congreso pediu un “cambio de rumbo ao PP, e que escoite á cidadanía que na Galiza deu unha resposta masiva o pasado 29 de marzo nas rúas”.

Cifra histórica de parados no país

O certo é que moitas empresas están a aproveitar a reforma laboral para despedir asalariados. Por exemplo, varios dos grandes grupos (por exemplo La Voz) efectuaron despedimentous ou planean realizalos nas vindeiras datas (por exemplo Atlántico Diario).

O paro subiu 2.120 persoas en marzo, alcanzando un máximo histórico. No país hai 276.795 personas sen emprego. 

Nun ano o paro medrou un 11% na autonomía, 27.549 personas máis dende marzo de 2011. O desemprego medrou tres décimas máis entre os homes que entre as mulleres.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 55 comentarios

9 Rayleigh

Neste artigo podemos ver a dous políticos falando de temas que interesan a cidadanía. Mentras outros pensan que o que lle interesa a xente, é se o fillo de Xosé Cuíña, simple militante, deixa o PP ou se Beiras, reunese 3 ou 4 veces cos seus ex-compañeiros no BNG. Inaudito!!

8 Rayleigh

Si amiguiños..dentro de pouco teremos soldos de 500 €/mes. Pero iso si, para os amiguiños Botín, Rato (si..o do "milagre español")...para eses non hai reforma que valga: http://www.eleconomista.es/empresas... MANOLÓN!!! E estas subvencións que?? 50 MIL MILLÓNS!!

1 DigoRodrigo

Bueno Rayleigh, no se de que trabajas ni tengo interés en saberlo, pero a juzgar por tu presencia en la red es evidente que a la función productiva muchos esfuerzos no dedicas, y si esta estimación es acertada, evidentemente abonarte los 500 € sería un pecado capital y un mal ejemplo. Deja ya de de apuntarte a los derechos y circula por la vía de la consecuencia...Tú, has de cobrar lo que tu quiera siempre que lo avales con resultados, pero has de entender que por nada, habrá que pagarte eso, es decir nada.......la productividad debe ser el referente, claro que seguramente te encanta la generalidad de los derechos laborales........

2 Rayleigh

Pois te sorprenderías digorodrigo..Pregunta os de GC que seguro que teñen a hora de entrada dos posts e te sairán a partires das 8 da noite e en fins de semán. Productividade dis? Dende cando os empresarios buscan a productividade? O que queren é o pringado que lles saia máis barato e buscando a forma de pagarlle o menos posible. Hai pouco tempo falábase de mileuristas..Hoxe en día non se chega nin a iso. 500 €? Está máis preto do que pensas, aínda que traballes coma un burro...Tendo marruecos, a 300 €/mes e Portugal con soldos de 400-500 €, ti cres que te darán a ti 1000 €? Segue soñando.

3 Rayleigh

Rodriguín..ti o que eres, eres un inxenuo. Ti te cres que eres capitalista, non si? Salvo que teñas varios centos de miles de euros no banco e non debas nada, formas parte do 98 % de pringados que forman este país. E neles inclúome eu. Só que eu sei cal é o meu posto. Nestes mesmos momentos, o soldo do 70% da poboación activa está por debaixo dos 1000 €/mes. Por certo...acabo de ver a espantada da trotona hoxe no congreso!! Menuda vergoña!

7 Outeiro

Que nivelazo teñen os leitores deste medio!!!

1 Digorodrigo

Oye si tu eres del gremio de los selectos, mejor vete a emplazamiento distinto, que este es el rincón del disparate. Pero si lo piensas mejor y decides aportar unas paridas no lo pienses dos veces, pues este si es el lugar apropiado con el acompañamiento de Manolo 2 y sus mariachis.....Esto si es la Galicia profunda..!

6 rvcj

España non ten futuro, é un estado arruinado, temos que construir un estado galego dende cero, e para iso fai falla a aprobación do 55% dos galegos, por iso hai que loitar.

1 Zascandil

Si imos escomenzar construindo un cerramento na raia co España, montamos dous fialatos un no Padornelo e outro No cebriero, de seguido uniformamos ao exército xenuino e promovemos a expulsión dos casteláns parlantes e o que se che antoxara.... Ti andas un pouco toliño

5 Rayleigh

Por certo, pásovos o escándalo maior da Reforma Laboral: http://www.nuevatribuna.es/articulo... Esta é unha arma antipepeiros. Eles que presumen de preparación, de que saben o que fan...pois ben. Esta reforma foi feita por unha señora que (SI. COMO O LEDES) NUNCA TRABALLOU. A "señora" esta ten 45 anos e aínda non pegou un pau ó auga. Toma manolón..esto é un Zas! en tódala boca.

1 Rayleigh

jajaja...45 anos!! TARDOU 12 anos en sacarse unha carreira..Por que estivo traballando? Pois non. E despois? Pois nada...liberada política!! E logo os pepeiros falando de liberados...Sobre todo certos ourensáns que pululan polo foro. Como tragan, tragan, tragan...

2 Manolo2

Bueno, parece del BNG. ¿Que carrera tenía Fernando Blanco y lo pusieron de Conselleiro de Industria? Ahí si que demostró carrera con Dorribo y cia.

3 chamorro

E iso xustifica que como o BNG pon a un inútil o PP xa pode poñer a outro manoliño?. Que sesuda argumentación a túa... a diferencia é que por Fernando Blanco corrupto e tapado miles de persoas abandonan o BNG, e o señor xa dimitiu hai tempo. E no PP non pasou, pasa nen pasará nunca nada por trincar.

4 Rayleigh

jajajaja...Veña, Manolón!! Que non decaiga!! Poñemos a unha que non sabe que é traballar de Ministra de traballo, e poñemos a un directivo dun dos Bancos causantes da crise (Lehman Brothers) de MINISTRO DE ECONOMÍA!!! mmm..Dorribo? De que me soa ese?? Ah siii..ESE QUE FOI RECIBIDO POR FEIJOÓ NO DESPACHO DA XUNTA!? Traga, traga traga!!!

5 serafín

Ray, pero que din por riba: que o tal FB e Cia (pois hai cuadrilla, que ti deso sabes) fixo negocios escuros. Non esquezas que hai meses, antes de que desapareceras como taparrabos oficioso do BNG, ti estimado Ray eras o grande defensor da inocencia do FB e Cia. Hai que tragar amigo Ray, e ti deso sabes, debes ter unhas tragadeiras enormes, entran sapos con rabo... Aproveita!

6 Rayleigh

Vaia vaia serafin...xa eres pepeiro? Ou tes que seguir purgando os pecados de haber sido radical-independentista? Espero que te admitan pronto na "familia". Inocencia de FB? Aprende a ler, rapaz. Por que no PP, podes non pegar pancada e chegar a ministro...pero hai que saber ler para entender as instruccións. Vai polas antigas mensaxes e me contas. Pero se ve que algúns lles mola un pepeiro condenado aínda que sexa por FALSIDADE. Noraboa polo teu novo carnet pepeiro

7 serafín

Fire o "haber sido", si ho si, tan defensor do galego e aínda segue sen superar a primeira lección. E claro, com os independentistas radicais somos amigos dos lusos..., e o teu racismo non está curado... No PP estás ti e toda a farsa que mantén o BNG oficial que che paga a merenda. Polo demais, e como podes ler, temos memoria, así que vai aplaudirlle a FB e Cia. Seguimos rindo, e cada vez máis alto, dos pailáns coma ti!

8 Rayleigh

Volve a ler, rapaciño...Que non sabes. Farache ben. Que podes chegar a ministro coa trotona. Só te tes que acercar na tortura animal de todolos anos e recollerlle as babiñas. Pois si pois si..Unha ministra que non sabe que é traballar lexislando sobre traballo. Manolón!!! Que vai ser o seguinte? "NOS PROTEXEMOS A FAMILIA". Si si...logo permiten que xente de 45 anos con fillos se vaias a rúa, sen posibilidade de volver atopar traballo. Traga traga traga

9 serafín

"Por Rayleigh: Moi ben..veremos o que di o sumario e se nos próximos días Fernando Blanco é investigado, acusado ou detido. Entón, serei o primeiro que diga que se vaia ó caldeiro. Pero antes non. Que teñas un bo día."(GC, 11-10-2011). Agora di o que queiras ou o que che deixen dicir..., tamén podes seguir coas trolas. E que che aproveite (pois estabas merendando, verdade, despois do que traballaches hoxe).

10 Rayleigh

Grazas Serafín!! Eu tamé te recomendo esto:" Vexo que non cambian as cousas. Metendo a zoca ata o pescozo" Que puxen máis abaixo. Menudo apoio a Fernando Blanco eh!!jajajaja. Se isto é un apoio..Dígocho en serio. Aprende a ler. Que non sabes.