O indicador do Foro Económico modera o crecemento de Galicia a un 3,3% en febreiro

En parte, pola incerteza económica.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2025 | Actualizada ás 21:57

Comparte esta noticia

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia rexistra un incremento interanual do 3,3% da economía galega en febreiro.

Este incremento é un décima inferior ao 3,4% interanual de xaneiro, polo que o Foro Económico de Galicia que elabora este indicador apunta a unha "moderación" do PIB galego.

Igualmente, reflexiona acerca de que "continúan presentes as incertezas económicas e políticas que condicionan a evolución económica internacional e nacional", o que apunta a "unha deterioración das expectativas".

Son nove as variables que contan cun crecemento, co mellor comportamento en vehículos (+20%). No lado negativo, sobresae a caída do 5% do índice de produción industrial.

Colector para exportacións
Colector para exportacións | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta