Por Galicia Confidencial | Santiago | 09/04/2012 | Actualizada ás 13:47
A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, e o portavoz no Congreso, Francisco Jorquera, presentaron en rolda de prensa a emenda á totalidade do BNG á reforma laboral e tamén explicaron o texto alternativo, que irá a debate o vindeiro xoves 12 no Pleno da Cámara.
Unha reforma “inútil que só busca rebaixar as condicións laborais”
Davila advertiu das consecuencias da reforma laboral que terá “resultados nulos á hora de xerar emprego, traerá máis precariedade e inestabilidade para os traballadores. Efectos que demostran que a regulación laboral non é causa da destrucción de emprego”. A deputada do BNG considerou que se trata “dunha reforma inútil, inútil porque incrementa o paro como están a demostrar os últimos dados sobre o paro rexistrado e agravará a recesión económica, sen tranquilizar aos temidos mercados porque a prima de risco sube”. Para Davila “o obxectivo último da reforma é a busca dunha maior precariedade e desregulación nas relacións laborais”.
Para a deputada do BNG o “verdadeiro propósito do Goberno é rebaixar as condicións laborais dentro dunha estratexia global de aplicar unha economía ao servizo de quen máis ten, entregando as relacións laborais á patronal, e otorgando poderes exorbitantes ao empresario”.
Jorquera censurou os contidos da reforma laboral porque “limita dereitos básicos laborais que teñen un profundo arraigo histórico”. Neste sentido, aludiu ao abaratamento do despido, facilita a reducción de salarios ou a movilidade xeográfica-forzosa, desampara aos traballadores en casos de despidos colectivos, agrava máis aínda a desigualdade das mulleres no mercado laboral ou empiora na precariedade laboral da mocidade.
Davila detívose especialmente nos efectos para as mulleres posto “que merma totalmente o logrado até o de agora no ámbito da conciliación”.
O BNG di que ten alternativas
As propostas do BNG van na dirección de impulsar a contratación estábel e digna, dar maior estabilidade no emprego que permita incentivar o consumo e a recuperación económica. E a ese obxectivo se adica a maior parte das alternativas que propón o BNG no seu texto: estabilidade laboral con condicións dignas.
Hai otras propostas como a contida na disposición adicional sexta, relativa á regulación de normas e criterios para as retribucións do personal directivo de entidades económicas, “fixando límites máximos tanto retributivos como de indemnizacións por extinción de contratos do personal directivo”. Asemade, na disposición adicional séptima, o BNG propón límites na percepción de salarios no sector público, tanto nos contratos de alta dirección como nos órgaos constitucionais, xudiciais e consultivos “fixando como tope máximo a retribución do Presidente do Goberno”.
Jorquera lembrou que as medidas do Goberno Rajoy “é o maior ataque aos dereitos dos traballadores da historia da democracia” e alertou de que conlevará “unha grande deflacción salarial que provocará máis crise, menos consumo e máis paro”. Ademáis, puntualizou, estes efectos “non só afectarán aos traballadores senón que tamén se notarán nas empresas e no círculo de consumo”.
O portavoz do BNG no Congreso pediu un “cambio de rumbo ao PP, e que escoite á cidadanía que na Galiza deu unha resposta masiva o pasado 29 de marzo nas rúas”.
Cifra histórica de parados no país
O certo é que moitas empresas están a aproveitar a reforma laboral para despedir asalariados. Por exemplo, varios dos grandes grupos (por exemplo La Voz) efectuaron despedimentous ou planean realizalos nas vindeiras datas (por exemplo Atlántico Diario).
O paro subiu 2.120 persoas en marzo, alcanzando un máximo histórico. No país hai 276.795 personas sen emprego.
Nun ano o paro medrou un 11% na autonomía, 27.549 personas máis dende marzo de 2011. O desemprego medrou tres décimas máis entre os homes que entre as mulleres.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.