Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2019 | Actualizada ás 19:15
A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta publicou a contratación das obras de reforma do Pavillón de deportes dos Remedios en Ourense.
En xuño, o Consello autorizou o convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Ourense que establece as bases de colaboración entre as partes signatarias e fixa a achega económica que fai posible levar a cabo as obras cun investimento de case 2 millóns de euros.
O prazo estimado de execución das obras será de 10 meses desde o seu inicio, que terá lugar, "como moito", segundo a Xunta, un mes despois da firma do contrato.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.