Ecoloxistas denuncian ameazas de veciños na feira de Xinzo "alentados" pola Asociación de Gandeiros e Agricultores

Adegal asegura que Auga Limpa Xa! non tiña licencia para instalar o posto, mentres que os ecoloxistas denuncian que foron "acurralándonos contra a parede a cobadazos".

Por Galicia Confidencial | Xinzo de Limia | 15/08/2019 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

Tensión na feira de Xinzo entre Adegal (Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia) e a plataforma ecoloxista Auga Limpa Xa!, que denuncia "insultos, ameazas e coaccións" de "preto dun cento de persoas" que, segundo esta organización, foron "alentadas" por membros de Adegal.

Tensión na feira de Xinzo entre Adegal (Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia) e a plataforma ecoloxista Auga Limpa Xa!
Tensión na feira de Xinzo entre Adegal (Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia) e a plataforma ecoloxista Auga Limpa Xa! | Fonte: Remitida.

Auga Limpa Xa! relata que os feitos aconteceron cando, contra as dez e media da mañá deste mércores, cinco membros desta plataforma instalaron unha mesa na rúa de San Roque para "informar sobre a contaminación das nosas augas polos residuos da industria cárnica" e "coa pretensión simplemente de recoller sinaturas para pedir unha moratoria á instalación de novas granxas industriais e solicitando o que é de lei, que as explotacións de porcino que hai en funcionamento xestionen correctamente todo o xurro que producen", argúen.

Aseguran que até o posto "achegáronse unha chea de persoas preocupadas polo problema que estamos a sufrir na Limia". Un problema que, din, existe "en moitos concellos desta comarca, especialmente no de Xinzo", onde "case ninguén se atreve a beber auga da billa, nin para cociñar, e menos dos pozos, a inmensa maioría superan os 50 miligramos de nitratros, que é o límite permitido pola Unión Europea", afirman.

Así, expuxeron na feira estes problemas, o cal suscitou polémica cando "preto dun cento de persoas" se achegaron eles "con insultos, ameazas e coaccións, acurralándonos contra a parede a cobadazos e obrigándonos a recoller todo e a marchar, protexidos en todo momento por axentes da Policía Local de Xinzo e da Garda Civil", a quen agradecen "inmensamente o apoio prestado". Uns feitos que foron denunciados ante a Garda Civil.

Auga Limpa Xa! asegura que esas persoas foron "alentadas por Adegal", asociación coa que din que a plataforma viña mantendo conversas, así como con Coren e a administración. "Despois do acontecido hoxe, estamos estudando rachar esas negociacións", anuncian.

Posto da plataforma ecoloxista Auga Limpa Xa! na feira de Xinzo
Posto da plataforma ecoloxista Auga Limpa Xa! na feira de Xinzo | Fonte: Remitida.

RESPOSTA DE ADEGAL

Pola súa banda, a asociación Adegal presentou tamén unha denuncia ante a Garda Civil e unha queixa no Concello de Xinzo pola instalación da mesa de Auga Limpa Xa!, que, segundo os gandeiros e agricultores, non tiña licencia municipal para instalar o posto. Adegal considera "unha agresión contra o sector agrícola o gandeiro" a acción dos ecoloxistas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Camboteira

Gandeiros, labregos, cazadores... Faltan uns toureiros e xa temos un perfíl distes ppeiros amarelos que prantarían eucaliptos ata na porta da súa casa por uns euriños (desfacendo soutos e carballeiras porque son un atraso...). Ista praga de potenciais pirómanos emporcalladores da naturezs é pior ca velutina.

1 SCRANCHE PEPEIRO!!!!

foi escranche do pepeiro moitos serán sindicos do partido acusado de corruPPto nos tribunais competentes, o rio limia ten tanta porcallada enriba como si houbese 1.000.000 de habitantes na contorna, o río incluso seca en tramos polo verán pola bombeo ilegal de agua polas noites podese ecoitar o bumpa-bumpa dos motores, señores antes ameazaban con escopetas e decían que os ecoloxistas soltábamos os lobos polas aldeas... asi están as cousas polo menos agora soamente son puñadas... investiguen cantos teñen carnet do pepeiro, miren si o pepeiro esta detrás dos disturbios