Temas: FERROL ARMADA

Incendio por un circuíto na lavandaría da fragata 'Cristóbal Colón', atracada no Arsenal de Ferrol

A rápida intervención da dotación e do persoal en terra permitiu sufocar en poucos minutos o lume

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2019 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

Un curtocircuíto no cadro eléctrico que fornece o sistema de climatización situado na lavandaría da fragata 'Cristóbal Colón', a máis moderna da Armada española, motivou un pequeno incendio que grazas á rápida intervención da dotación do buque e do persoal de terra que estaba no Arsenal Militar de Ferrol non provocou danos maiores.

Equipos de extinción no incendio da fragata Cristóbal Colón
Equipos de extinción no incendio da fragata Cristóbal Colón | Fonte: Remitida.

O incidente produciuse sobre as 16,00 horas deste venres, cando o buque se atopaba amarrado na súa base, cando o curtocircuíto se estendeu pola climatización e de aí pasou a diverso material que existía na lavandaría, como sabas e toallas.

Foi entón cando o sistema de detección de fumes do buque fixo saltar a alarma, a través do sistema integrado de control da plataforma, deseñado por Navantia, empresa que construíu esta fragata nas súas instalacións de Ferrol, e iniciouse o illamento automático, mecánico e eléctrico da zona.

Foi entón cando os militares que estaban a realizar a garda a bordo iniciaron o ataque do lume cos extintores e activouse o protocolo de auxilio exterior establecido no Arsenal de Ferrol, acudindo rapidamente para apoiar os equipos de bombeiros do Arsenal e de Navantia.

En menos de dez minutos o incendio estaba apagado e os danos producidos polo lume limitáronse ao equipo de climatización e algúns aveños de lavandaría.

Temas: FERROL ARMADA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta