O PPdeG perdería até oito escanos nas autonómicas e PSdeG, BNG e Galicia en Común sumarían maioría absoluta

As proxeccións de Electomanía sitúan en 33 os deputados para os 'populares', 22 para os socialistas, oito para o BNG, outros tantos para a marca de Podemos e catro para Ciudadanos. Vox quedaría fóra.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 19/08/2019 | Actualizada ás 13:24

Comparte esta noticia

Se hoxe se celebrasen eleccións autonómicas en Galicia, o PPdeG, liderado por Alberto Núñez Feijóo, perdería a maioría absoluta, segundo as proxeccións de Electomanía, medio especializado en demoscopia. 

Estimación para autonómicas Galicia 2020
Estimación para autonómicas Galicia 2020 | Fonte: electomania.es

Os cálculos sitúan o partido de Feijóo co 37,4 % dos votos, 10,8 puntos por enriba do PSdeG, que se afianzaría como segunda forza en Galicia co 26,6 %.

O BNG recuperaría músculo co seu sorpasso a Galicia en Común (derivado do partido instrumental En Marea), ao conseguir o 11,9 % dos votos fronte o 10,9 dos segundos. Ciudadanos sería a última forza que acadaría representación no Parlamento galego, co 6,7 %.

Así, o bloque alternativo da esquerda (PSdeG, BNG e Galicia en Común) sumaría o 49,4 % dos escrutinios, fronte o 44,1 da dereita (PP e Ciudadanos) e abriríase a vía para un novo goberno de coalición progresista, sumando 38 escanos (o límite da maioría absoluta) do seguinte xeito: 22 deputados para os socialistas, oito para os nacionalistas e outros oito para a marca de Podemos en Galicia.

O PP quedaría con 33 representantes (oito menos que nos últimos comicios) e Ciudadanos acadaría catro, sumando ambos os dous 37 escanos. 

O partido ultradereitista Vox conseguiría tan só un 2,9 % dos votos, manténdose como forza residual en Galicia e sen representación na Cámara.

Con todo, a proxección do partido gañador por concellos mostra unha hexemonía do PP, que tingue de azul a gran maioría do país por municipios, con pequenas illas onde o PSdeG e o BNG serían os partidos vencedores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

11 Freedon for gaivotas

Acho que pouca gente crê que CS vai quitar tanto e o Bloco tam pouco. O éxito de Caballero já é pra morrer coa risa

10 jDYn

Soy de derechas, no de centro reformista. De derechas: no tengo nada contra el dinero, contra el comercio y la propiedad privada. La corrección política o humanitarismo de pensamiento único me parece una de las mayores amenazas contra la libertad de expresión, de opinión, de pensamiento, etc. Quiero a Feijoo fuera de la Xunta --por traidor a España y a la libertad-- y estoy dispuesto a votar a cualquier opción, aunque probablemente me decante por C's. Dicho esto, no me parece bueno el entusiasmo. No vaya a ser que la gente se convenza de que el PP no sale y se quede en casa.

9 sermos mantidos

E os que non somos do Real Madrid nin do Barcelona, que estamos fartos da división entre Celta e Deportivo pola incapacidade e negocio particular dos líderes, que non confiamos no postureo do Rayo Vallecano, non contamos? Acaso non lembran que os abstencionistas conscientes decidimos. E moito! Lembren, fixemos caer o nefasto bipartito, deixamos en ridículo o falso rupturismo, e precisamos algo máis que propaganda para convencernos! O reformismo de salón, da man do falsario que se fai chamar socialista, está amortizado. Non nos ignoren, os da parroquia non lles chegan para decidir, por moito que animen a farsa e canten victoria antecipada esperando a súa ración de alimento. En esencia, cal é a garantía de que desta non se van deixar comprar?

8 Raquel

As galegas e galegos temos que defender o noso. Nunca virá de fora nin remedio nin consolo. Adiante BNG!!!!

1 Gaiker

Nunca virá de fóra nin remedio nin consolo? Pois ben que recibides cos brazos abertos o cartiño madrileño co que logo financiades toda a chiringuitada blocalla e mantedes a tódolos parasitos do Consello Nacional e liberados eternos. Hipocrisía sipaia.

7 Mugueimes

Com os dados do painel há um empate entre o PP e o PsoE (com as marcas brancas sumadas). Então, têm PP asegurado. O resultado, para os "recuperados" e os "rupturistas" é patético (alguns nem aparecem representados). Por certo, qual é a diferença política entre Feijóo e Caballero?