Por E.P. | A CORUÑA | 26/08/2019 | Actualizada ás 10:53
Os prezos industriais subiron un 0,2% en xullo en Galicia respecto de xuño, aínda que en taxa interanual --en relación ao mesmo mes do ano anterior-- rexistraron un descenso do 1,41%, segundo os datos publicados este luns polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
Por destino económico, a taxa mensual dos bens de consumo descendeu un 0,1%; en taxa interanual, a variación foi de -0,7%. Mentres, a taxa mensual dos bens de consumo duradeiro mantívose igual aínda que en taxa interanual a variación foi dun 0,2%. No caso dos bens non duradeiros, rexistrou un descenso do 0,1% e do 0,8% en taxa mensual e interanual, respectivamente.
A taxa mensual dos bens de equipo incrementouse un 0,1%; mentres que en taxa interanual foi de 0,9%. En relación a xuño, os bens intermedios descenderon un 0,4%, aínda que en taxa interanual a variación foi de 1,1%. A taxa mensual do prezo da enerxía experimentou un aumento do 1,1%, aínda que en relación a xullo do ano pasado supuxo un descenso do 5,1%.
TAXAS NEGATIVAS NO ÁMNITO ESTATAL
No ámbito estatal, os prezos industriais subiron un 0,5% en xullo en relación ao mes anterior, pero caeron un 0,8% interanual, o mesmo que baixaron en xuño. Co recorte interanual de xullo, os prezos industriais encadean dous meses consecutivos en taxas negativas despois de estar 32 meses en positivo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.