Os escuros desexos do PSOE

A triste realidade é que o PSOE está a loitar unicamente, neste tira e puxa negociador para formar goberno, a desgastar a Podemos e ser o partido supremacista da...esquerda?...española.

Por Carlos González Armada | Ferrol | 29/08/2019

Comparte esta noticia

O presidente, asesorado polo seu gurú Iván Redondo, ten claro cal debe ser o plan a seguir, pero existe a posibilidade de que se estean equivocando á hora de ler a situación política do estado español.

O PSOE está disposto a apostar á ruleta rusa dunhas novas eleccións con tal de obter algúns deputados máis e iso sería á conta de erosionar a Unidas Podemos. Con iso Pedro Sánchez obtería unha  mini vitoria no lado da mal chamada esquerda política española, pero sería unha vitoria  pírrica que non resolvería nada.

As matemáticas seguirían impoñendo a súa verdade e a suma de escanos para lograr maioría absoluta e poder gobernar en solitario seguiría sen saír.

Pedro Sánchez, posiblemente alentado non só polo seu gurú estratéxico Ivan Redondo, senón tamén por ególatras narcisistas como o seu alcalde máis afamado, Abel Caballero, vive en  matrix. Cre que o PSOE volve ser aquel partido dos anos 80 no que Felipe González era un líder dominante e o PSOE un partido hexemónico.

A realidade é que aínda que se repetisen as eleccións xerais mil veces sempre sairía o mesmo resultado...un PSOE que necesita do apoio de Unidas Podemos e dos nacionalistas para formar Goberno.

Pedro Sánchez equivócase ao xogar á ruleta rusa dunhas novas eleccións co obxectivo de cargarse a Pablo Iglesias. O xogo de tronos en que se converteu a política en España é certamente perigoso cunha dereita moito máis reorganizada, e coa ameaza franquista de Vox latente...o  paupérrimo beneficio ao que aspira o PSOE non é suficiente ante o risco que se acomete.

Gabriel  Rufian advertiullo no Congreso a ambos, a Pedro Sánchez e a Pablo Iglesias..."canto tempo pasará  arrepintiendonos, toda a esquerda, disto?"...Pedro Sánchez é quen debe formar goberno, e debe de facelo "obrigatoriamente" con Podemos.

Un goberno á portuguesa sería o mais adecuado, segundo o meu criterio, non só para o estado español, senón tamén para Podemos, pero se o partido morado non quere, e comete o erro de nin valorar dita opción, a Pedro Sánchez non lle queda outra opción que a coalición.

Pedro Sánchez equivócase querendo "matar" a Podemos nunhas eleccións xerais, e Podemos equivócase querendo entrar nun goberno de coalición co PSOE, pero o certo é que se necesita xa un goberno, polo que o sensato é configurar a coalición, ao final terán os dous o que queren, Podemos a súa coalición e os seus ministerios, e o PSOE cargarse a Podemos.

Pedro Sánchez só ten que ver o que fixo Abel Caballero co BNG en Vigo e aprender, unha coalición cun dominio claro, ben xestionada, sempre acaba por derruir á parte máis débil, os Socialistas de Alemaña probárono nas súas carnes.
 

O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, se reune co presidente de Francia e o primeiro ministro de Portugal en Bruxelas. Moncloa
O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, se reune co presidente de Francia e o primeiro ministro de Portugal en Bruxelas. Moncloa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Carlos González Armada Perito Xudicial, (Inxeñeiro e Criminologo), Coordinador Autonómico de XUNTOS (Máis Galicia), Voceiro municipal de Xuntos Porriño, (Máis Porriño).