Rescatada unha muller en Muxía tras caer ao mar xunto a outras dúas persoas mentres pescaban

Todos lograron saír da auga sen axuda, pero a muller quedou nunha zona de rocas, o que fixo necesaria que fose rescatada por un helicóptero dos servizos de Salvamento Marítimo.

Por E.P. | A CORUÑA | 28/08/2019 | Actualizada ás 13:14

Comparte esta noticia

Unha muller foi rescatada este mércores en Muxía (A Coruña) tras caer ao mar xunto a outras dúas persoas mentres pescaban, segundo informou o 112.

De acordo cos datos achegados a Europa Press polo servizo de emerxencias, todos lograron saír da auga sen axuda, pero a muller quedou nunha zona de rocas, o que fixo necesaria que fose rescatada por un helicóptero dos servizos de Salvamento Marítimo.

Posteriormente, foi trasladada ao aeroporto de Alvedro e, de alí, unha ambulancia do 061 trasladouna ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac).

Sobre as 9,50 horas foi a chamada ao 112 dunha das tres persoas implicadas no suceso o que alertou aos servizos de emerxencias. En concreto solicitaba axuda para poder saír os tres da auga, aínda que, finalmente, lograron facelo sós.

O 112 mobilizou á Policía Local, Protección Civil, Garda Civil e servizos sanitarios, ademais de desprazarse efectivos de Salvamento Marítimo e de Gardacostas.

No operativo, só foi necesario o rescate da muller ao atoparse nunha zona de rocas da que non era capaz de saír polos seus propios medios.

Cabo Buitra dende Muxía
Cabo Buitra dende Muxía | Fonte: Guías Masmar

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta