Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2019 | Actualizada ás 17:07
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, destacou este domingo que "xa está executado" un 10% do seu Plan de Mandato 'Ourense 72-73' porque, segundo as súas cifras, cumpriu 12 das 124 medidas e "retos concretos" contemplados no devandito documento.
"65 días despois de ser elixido presidente da Deputación de Ourense xa está executado un 10% do Plan de Mandato, anticipándonos nalgúns casos case un ano antes do planificado, como coa creación da Rede Provincial de Concellos Termais, prevista para xullo de 2020", subliñou Baltar nun comunicado.
Este programa, presentado por Baltar para gobernar a provincia durante o mandato 2019-2023 trátase da súa "folla de ruta" que marca as pautas a seguir durante o próximos catro anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.