Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2025 | Actualizada ás 16:56
O titular da Xunta e líder dos populares galegos, Alfonso Rueda, considerou que o presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, "tomará as mellores decisións" para o PP de cara ao Congreso nacional que a formación celebra esta fin de semana en Madrid. Así o destacou ao ser preguntado pola posibilidade de que o galego Miguel Tellado substitúa a Cuca Gamarra na secretaría xeral do PP.
Rueda afirmou que Feijóo ultima unha organización para un PP "chamado canto antes a gobernar" nun contexto de "fin de ciclo", como o que, na súa opinión, evidencian as últimas informacións sobre o que foi secretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán, para quen este luns o Tribunal Supremo decretou o seu ingreso en prisión. O presidente da Xunta, que asegurou que "a día de hoxe" non ten "ningunha noticia" sobre o que Feijóo "quere facer", amosouse "seguro" de que "tomará as mellores decisións" e incidiu en que é ao actual líder do PP a quen lle "corresponde".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.