O PSdeG urxe conformar goberno "canto antes"

Gonzalo Caballero asegura que a "nova maioría social de progreso" plasmarase "en cada convocatoria electoral" que haxa en Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2019 | Actualizada ás 15:21

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, considerou necesario que haxa un goberno en España "canto antes" e pediu ao resto de forzas políticas que "non boicoteen" a "única opción de goberno que hai encima da mesa", a que encabeza o socialista Pedro Sánchez.

"Se non queremos eleccións, a única opción que hai neste país é que Pedro Sánchez teña a investidura neste mes de setembro", manifestou nunha rolda de prensa celebrada este luns na Cámara galega.

Con todo, o xefe de filas do PSdeG subliñou que "en calquera outro escenario" os socialistas "están preparados para falar cos cidadáns e explicarlle porque aos galegos convenlles un presidente do goberno en España que sexa socialista".

Neste punto, Caballero considerou que o presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, "perdeu a hexemonía política en Galicia" e lembrou que "os galegos lle dixeron non" nas últimas citas coas urnas. "Estamos convencidos de que esa nova maioría social de progreso vaise a plasmar en cada convocatoria electoral que haxa", subliñou.

OPOSICIÓN "CONTUNDENTE E LEAL"

O líder dos socialistas galegos compareceu este luns nunha rolda de prensa acompañado do portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, con motivo do inicio do curso político no que avanzou que a súa formación fará unha "oposición contundente" contra o Goberno de Feijóo e "leal" coa cidadanía.

Ademais, incidiu en que os socialistas galegos inician este período con "toda a forza e a claridade" para plasmar diante da sociedade galega que "se pon fin a un ciclo político en Galicia" no que o balance de Feijóo é de "suspenso".

Xoaquín Fernández Leiceaga e Gonzalo Caballero nunha rolda de prensa ofrecida este luns
Xoaquín Fernández Leiceaga e Gonzalo Caballero nunha rolda de prensa ofrecida este luns | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta