Feijóo, "convencido" de que "o centro dereita votará moito máis unido" se hai novas eleccións

O presidente da Xunta e líder do Partido Popular en Galicia di que "unir o que estaba unido en torno ao Partido Popular é unha boa formulación", en referencia a un hipotético pacto entre PP, Ciudadanos e Vox.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2019 | Actualizada ás 17:33

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e líder do Partido Popular en Galicia, Alberto Núñez Feijóo, declarou este martes que está "convencido" de que "se hai outra vez unha convocatoria electoral" o centro dereita "votará moito máis unido" que en abril.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Xunta

Neste sentido, asegurou que nin o presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, "sabe o que vai ocorrer en España" nas tres semanas que restan para tentar "que funcione" o Executivo, xa que considera que "soamente o saben os asesores do señor Sánchez".

O presidente galego incidiu en que "España non pode estar sometida aos intereses persoais de ninguén" e lamentou que Pedro Sánchez "nos anteriores meses fixo pouco ou nada". Agora, destacou, toca agardar para saber cal será a "última carta na manga" do presidente en funcións.

Alberto Núñez Feijóo indicou que, "lamentablemente", a cidadanía está a chegar a un "máximo de fartura" coa clase política e defendeu que os españois "merecen un respecto".

Por outra banda, o líder dos populares galegos reiterou que "unir o que estaba unido en torno ao Partido Popular é unha boa formulación", en referencia a un hipotético pacto entre PP, Ciudadanos e Vox.

"O certo e verdade é que ás veces escoito a algúns portavoces de Ciudadanos e de Vox criticar moito máis ao PP que a outros partidos políticos", lamentou, con todo, Feijóo.

Por iso, o presidente do PP de Galicia cre que as persoas que votaron a Ciudadanos e a Vox "se decataron" de que co seu voto "facilitaron" a posibilidade de que en España poida gobernar o PSOE xunto a Unidas Podemos e os partidos independentistas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pitito

Co berro inmortal de Arriba España, Suma España, o "centro" botara unido