Premiado o Centro de Automoción de Galicia pola súa iniciativa de mobilidade autónoma conectada

Por E.P. | VIGO | 04/09/2019 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

Os SEUA-Mindtech Awards recoñeceron co galardón 'Mobility Award' ao Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) pola súa xestión dunha iniciativa de mobilidade autónoma conectada, o Corredor Intelixente SISCOGA, que integra máis de 100 quilómetros en estradas interurbanas, así como tramos urbanos.

En concreto, esta iniciativa utilízase en proxectos de investigación, Field Operational Tests e proxectos con empresas de automoción, entre outros, segundo detallou a Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime) mediante un comunicado.

Así mesmo, o xurado dos SEUA-Mindtech Awards, que serán entregados o 10 de setembro, premiou á empresa Trumpf pola súa traxectoria ligada á innovación e, en concreto, polo desenvolvemento de proxectos relacionados coa impresión 3D, a intelixencia artificial e o láser.

Ademais, Industrial Recense recibirá o '4.0 Award' pola potenciación e implementación de novas tecnoloxías no seu proxecto de Fábrica Virtual. Mentres, a gañadora do galardón destinado a startups foi Netun grazas á súa aposta por un dispositivo que permite sinalizar incidentes en estradas e contactar con servizos de emerxencia.

A entrega destes galardóns, cuxos gañadores foron decididos esta semana no marco dunha reunión do xurado, celebrarase entre o 10 e o 12 de setembro en Vigo. ASIME
A entrega destes galardóns, cuxos gañadores foron decididos esta semana no marco dunha reunión do xurado, celebrarase entre o 10 e o 12 de setembro en Vigo. ASIME | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta