Apuntan a unha "desaceleración" do PIB galego en abril

Con todo, segundo o Indicador Abanca-Foro de Coxuntura Económica, haberá alzas por encima do 3% interanual.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2025 | Actualizada ás 11:10

Comparte esta noticia

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia rexistra un incremento interanual do 3,1% en abril, aínda que apunta a unha "desaceleración" da economía galega nos últimos meses desde o máximo de 3,5% alcanzando en novembro de 2024.

Este 3,1% de avance é unha décima menos que o aumento interanual de marzo. O Foro Económico indica unha serie de factores a escala global que incrementan a "incerteza" tanto no ámbito económico como político.

Os datos publicados a semana pasada polo Instituto Nacional de Estatística (INE) para a economía española mostran un descenso do 3,3% ao 2,8% motivado pola retardación do consumo e o investimento. En todo caso, "España e Galicia continúan sendo espazos de tracción económica nunha conxuntura non positiva no conxunto da UE".

Respecto do que resta do ano, "os valores do ano pasado serán dificilmente alcanzables (3,2% en 2024) polo que as previsións institucionais para 2025 (Goberno, Banco de España, BBVA Research ou Funcas) apuntan a un crecemento económico para España non superior ao 2,8%". "Nesta liña, pode esperarse para a economía de Galicia un comportamento semellante ao estatal ou lixeiramente por baixo", agrega.

No tocante a abril, son oito as variables recollidas cun crecemento positivo, dous máis que o mes anterior. Entre as que mellor evolución sobresaen produción de vehículos turismo e as matriculacións cun incremento próximo ao 10% interanual. No lado negativo está o transporte marítimo de mercadorías cunha evolución negativa nestes últimos doce meses superior ao 10%.

O ministro de Economía, Carlos Cuerpo, intervén no Foro Económico, xunto a outras autoridades, entre elas a conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana; o presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey
O ministro de Economía, Carlos Cuerpo, intervén no Foro Económico, xunto a outras autoridades, entre elas a conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana; o presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey | Fonte: M. Dylan

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta