Temas: FOLK ROCK INDIE

Os galegos Basanta, galardoados nos premios Pop Eye ao mellor disco de rock

O xurado destaca que Basanta é un quinteto "atípico", "unha tribo enmascarada".

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 04/09/2019 | Actualizada ás 15:06

Comparte esta noticia

O grupo galego Basanta foi galardoado co mellor disco de rock nos premios Pop Eye polo seu disco de debut, 'Colorama', producido por Paco Loco. Este galardón entregarase a próxima edición, a décimo cuarta, dos Premios Nacionais da Música e as Artes que se celebrarán os días 8 e 9 de novembro en Plasencia (Cáceres).

O xurado destaca que Basanta é un quinteto "atípico", "unha tribo enmascarada que deu lugar a unha música que se destaca polo seu alto grao de hermetismo", cos seus membros convertidos nos personaxes Sol, Xofre, A Santa, Terra e Sal.

O nome do grupo responde a unha tribo hindú e ofrecen no seu disco 'Colorama' once temas melódicos, que "son unha viaxe" dacabalo entre o indie rock, pero tamén entre a psicodelia e o folk, con "fuzzs setenteiros". Todo iso, en temas "longos" e "traballados" que teñen un "ritmo que progresivamente vai adquirindo máis forza" e que aposta por "explotar a sombra, o lado escuro".

Basanta. PREMIOS POP EYE
Basanta. PREMIOS POP EYE | Fonte: Europa Press

Temas: FOLK ROCK INDIE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ahmed Pensardej

O nome do grupo responde a unha tribo hindú... GALICIAconfidencial? https://wikiapellidos.com/basanta https://www.heraldrysinstitute.com/...