Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/07/2025 | Actualizada ás 12:41
Un veciño de Ortigueira acusado dun delito de agresión sexual a menor de 16 anos por tocamentos nun tren, en agosto de 2023, aceptou unha pena dun ano de prisión e o pago dunha indemnización de mil euros á vítima por danos morais.
Fíxoo no xuízo fixado para este xoves, día 2, na sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña tras un acordo entre o Ministerio Público, a defensa e a acusación particular ao recoñecer os feitos o procesado e acordarse unha rebaixa da condena tras incluír a eximente incompleta de anomalía ou alteración psíquica.
Ademais, impúxose á procesado liberdade vixiada durante cinco anos e a prohibición de comunicación e aproximación a menos de 300 metros da vítima durante cinco anos, así como das estacións de tren de Mera, Ortigueira, Espasante e Ferrol por un prazo de tres anos.
Tamén para este xoves figuraba outro xuízo por abuso sexual, nese caso correspondente a un xulgado de Carballo e en relación a uns feitos que o Ministerio Público sitúa en xullo de 2022, aínda que finalmente celebrarase noutra data. Para o acusado pídese por un delito de abusos sexuais sobre menor de 16 anos tres anos de cárcere. Concorre no seu caso a atenuante de actuar baixo os efectos das drogas e o alcol.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.