Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 17/07/2025 | Actualizada ás 14:26
O Tribunal Supremo (TS) confirmou a codena dun tribunal militar que impuxo un ano e nove meses de cárcere a un sarxento que disparou cunha arma de fogeo a un soldado por dormise durante unhas manobras no Grove. Nun fallo con data do pasado 16 de xuño, o TS confirma a sentenza emitida polo o Tribunal Militar Territorial Cuarto o pasado día 4 de febreiro, que considerou que o sarxento cometera un delito de "extralimitación no exercicio do mando", na súa modalidade de "uso ilícito de armas", así como outro delito de lesións. Por iso, impúñalle un ano e seis meses polo primeiro dos delitos e tres polo segundo. Ademais, decretaba a suspensión militar de emprego e cargo público durante o tempo da condena e condenouno a pagar 4.862 euros polas lesións físicas padecidas.
FEITOS
En concreto, o fallo considera probado que entre o 5 e o 9 de xullo de 2021 o rexemento de infantaría 'Isabel a Católica' nº 29 desenvolveu unha manobra no Destacamento de Puertocuaces do Grove. Durante esta, concretamente o día 8, o rexemento levou a cabo un exercicio que consistía en establecer unha liña de defensa e vixilancia e outra de infiltración. O sarxento condenado atopábase ao mando dun dos pelotóns, que se dividiu en catro binomios distribuídos, parellas que se turnaban para vixiar un mentres descansaba o outro.
O fallo sinala que, sobre as 2.15 horas, o sarxento tratou de contactar por radio cunha das parellas, á que se achegou tras non conseguir contactar. Ao comprobar que ambos os soldados estaban durmidos, o sarxento efectuou un primeiro disparo con munición de fogueo ao aire que sorprendeu a un dos soldados, que se virou e foi encañonado polo sarxento co fusil a aproximadamente 50 centímetros da súa cara. "Apuntando ao ollo", a sentenza indica que efectuou "un segundo disparo con munición de fogueo" que derivou en que a pólvora impactase no ollo esquerdo do soldado.
A sentenza, que apunta que o sarxento profería berros de "putos inútiles", explica que o condenado se dirixiu co soldado a unha garita, onde se decatou das feridas sufridas polo que o acompañou ao Servizo Sanitario que cubría o exercicio, que determinou que fose evacuado inmediatamente ao hospital Quirón Saúde de Pontevedra. Por mor dos feitos, o sarxento foi relevado das súas funcións e sancionado cun arresto de cinco días por unha falta leve consistente en "a inexactitude no cumprimento das normas de prevención de riscos, protección da saúde e do medio ambiente" no ámbito das Forzas Armadas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.