Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2019 | Actualizada ás 18:33
Os presidentes das deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra, todas elas gobernadas polo PSOE, participarán este xoves en Ourense nunha xornada sobre boas prácticas na gobernación municipal na que abordarán a repartición equitativa de fondos.
Baixo o título 'Democracia e boas prácticas na gobernación provincial', a xornada comezará ás 10,00 oras no Hotel Barceló e será presentada polo secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e o portavoz do PSOE en Ourense, Rafael Rodríguez Villarino.
A sesión estará aberta ao público e contará coas conclusións do presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e alcalde de O Barco, Alfredo García; así como do portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga.
Ourense é a única das catro provincias galegas que non conta cun presidente da Deputación do PSOE, tendo en conta que tras as últimas municipais, un pacto con Democracia Ourensá permitiu ao popular Manuel Baltar manter a presidencia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.