Reclaman a reunión "urxente" da mesa do autónomo tras os datos de emprego

As entidades Agtamar-UPTA e APE denuncian que "tan só neste ano desapareceron algo máis de 536 pequenos comercios en toda a comunidade e no últimos catro anos máis de 3.500".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/09/2019 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

Despois de coñecerse os datos da Seguridade Social sobre o emprego autónomo en Galicia, e "ante os datos cada vez máis preocupantes que arrasan o traballo por conta propia" na comunidade, as entidades Agtamar-UPTA e APE reclamaron que se reúna "de forma urxente" a mesa do autónomo.

Nun comunicado, as asociacións denuncian que "tan só neste ano desapareceron algo máis de 536 pequenos comercios en toda a comunidade e no últimos catro anos máis de 3.500".

Por iso, consideran "necesario frear estes índices a través do fomento de estruturas de colaboración económica conxunta que sexan capaces de competir no novo modelo de consumo e que se dediquen máis esforzos e recursos da administración a este modelo empresarial".

"Non podemos continuar introducindo no mercado do autoemprego emprendedores carentes da mínima cualificación necesaria para desenvolver unha actividade por conta propia, iso é condenar a miles de persoas a unha travesía, que, na maioría dos casos, acaba en fracaso", lamentaron.

Estas organizacións apostan por un "plan de choque que desenvolva mecanismos de consolidación das actividades que poden estar a atravesar dificultades", así como promover a "substitución xeracional activo".

Manifestación autónomos en Ourense
Manifestación autónomos en Ourense

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta