Temas: IMAXE

As Metáforas Visuais de Román Montesinos

Esta impactante serie de fotos permanecerá exposta na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Fene ata o 4 de maio.

Por Paco Gallego | Fene - A Coruña | 29/04/2012 | Actualizada ás 10:28

Comparte esta noticia

None

Román Montesinos naceu na Coruña en 1952. Comezou a súa andaina fotográfica a finais dos anos 60. Xeólogo, especializado en Paleontoloxía, actualmente é profesor na Universidade da Coruña.

A obra fotográfica deste artista tense vinculado coa fotografía metafórica (metáforas visuais – poesía visual). Nas súas fotografías tenta evocar distintos tipos de sentimentos, conxugando o material –obxectos diversos- co anímico. Na súa obra predominan os dobres sentidos e, con moita frecuencia, un humor subxacente.

Montesinos é autor de máis dunha ducia de exposicións individuais: na Coruña (Asociación Alexandre Bóveda, libraría Arenas e dúas veces na Facultade de CC da Educación). Tamén no Concello de Culleredo, na Universidade de Oviedo, en Do Forno, en Lugo, na Universidade de León, en Casa Charry do Concello de Oleiros e, colectivamente, en Madrid e Culleredo (A Coruña). A súa obra foi difundida en medios de prensa GALEGA, ESTATAL e internacional (Boston, USA) e, virtualmente, na agrupación fotográfica F11 de Alemania, con dúas exposicións monográficas en decembro de 2008 e xaneiro de 2011.

None
Temas: IMAXE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta