Temas: ESCOLA RECICLAXE

Vinte e cinco colexios participarán nun proxecto de compostaxe para reciclar residuos orgánicos

Para escoller os colexios, valorouse que estes centros conten con comedor escolar, teñan un horto, non teñan experiencia en compostaxe e estean dispostos a designar persoal responsable para a posta en marcha do proxecto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2019 | Actualizada ás 15:53

Comparte esta noticia

Un total de 25 escolas galegas participarán nun proxecto de compostaxe o próximo curso para reciclar o 50% dos residuos orgánicos e impulsar a recollida de lixo separado.

Para escoller os colexios, a Consellería de Medio Ambiente valorou que estes centros conten con comedor escolar, teñan un horto, non teñan experiencia en compostaxe e estean dispostos a designar persoal responsable para a posta en marcha do proxecto.

Así o explicou a Xunta este domingo nun comunicado no que informa de que as escolas recibirán "medios materiais necesarios" para a instalación dunha zona para facer compostaxe, así como "a formación precisa para a súa posta en marcha e seguimento".

Neste sentido, formarase ao persoal de cociña e ao profesorado para que poidan "dirixir e supervisar" as actividades e "desenvolvelas durante o primeiro trimestre" do próximo curso, sinala o Goberno autonómico.

O proxecto tamén incluirá a "realización de cursos" sobre compostaxe e reciclaxe para o alumnado así como a "entrega dunha unidade didáctica" sobre esta mesma temática.

Compostaxe
Compostaxe | Fonte: Certo.es

Temas: ESCOLA RECICLAXE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta