Ana Miranda (BNG) visita os líderes independentistas cataláns en prisión

A portavoz do BNG en Europa reivindica que "un problema político" precisa "diálogo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2019 | Actualizada ás 19:33

Comparte esta noticia

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, acudiu este luns ao cárcere de Lledoners (Barcelona) para realizar unha visita ao exvicepresidente da Generalitat Oriol Junqueras, ao exconseller Raül Romeva e ao presidente de Òmnium Cultural, Jordi Cuixart, que se atopan en prisión preventiva pola causa independentista.

De esquerda a dereita: o exconseller Raúl Romeva, a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, e o exvicepresidente da Generalitat Oriol Junqueras
De esquerda a dereita: o exconseller Raúl Romeva, a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, e o exvicepresidente da Generalitat Oriol Junqueras | Fonte: Europa Press

Trátase da terceira vez que Miranda vai ver aos "presos políticos cataláns" no centro penal, desde onde subliñou, en referencia ao 'procés', que "un problema político ten que ter unha solución política e diálogada", dixo.

Ademais da nacionalista galega, acudiron a Lledoners varios membros da plataforma Diálogo UE-Catalunya —na que se enmarca tamén o BNG—, como o eurodeputado François Alfonsi, do Partido da Nación Corsa, e o senador belga Mark Demersmaeker.

Neste contexto, Ana Miranda fixo referencia ás recentes declaracións do relator especial da ONU para a Liberdade de Expresión e Opinión, David Kaye, quen pediu que non se acusase de rebelión aos presos do 'procés'.

"Que o relator da ONU diga que as sentenzas por delito de rebelión poden implicar extensas condenas de prisión e supoñen un risco moi grave para a liberdade de expresión debería ser tido moi en conta", apuntou a nacionalista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 Gamela

¿Agora Repúblicas? Para ir xuntos nas listas con vascos e cataláns nas europeas! Pero chegar a ACORDOS coas demáis forzas galegas semella IMPOSIBLE? O PP cada día máis contento... xa nin SUMA!

1 Ricardo R.

Dime con quien andas y te diré quien eres.

1 nostrus

Esta foto es muy engañosa. Al final lo que quieren decir es que no se soportan mutuamente, que pasan unos de los otros y los quieren ver lejos. Y a mi me parece muy bien esta deslealtad mutua y reciproca, pero Ana puede renegar y renunciar de los derechos que tiene en Cataluña, pero no puede decidir por mi, ni renunciar por mis derechos que tengo en Cataluña como ciudadano español. Por mi que se escuernen si les apetece, pero de mis derechos soy yo el propietario, no Ana.

2 Buceta

Nostruz, 'El Propietario' con posesións en Catalunya!!! O seu avo tiña escravos pretos en Cuba e unha concubina filipina. Tamén deixou espallada a súa Raza Española Pura polo Norte de África. Magoa que os seus parentes sairon mestizos, por iso non se lembra da grande familia dispersa polo mundo mentres chora polas propiedades perdidas. Patético imperialista fracasado!!!

3 nostrus

Buceta, si tan mal concepto tes dos españoles poda que sexa culpa de mirarte no espello e ver ao español que mellor coñeces, que es ti mesmo. Pero a maioria de españoles poda que sexamos de mellor calaña que ti e ao mirarnos ao espello non nos asustamos nin nos produce ningun rechazo. Das responsabilidades que teñamos os españoles tes ti a mesma cuota que eu. Repitoche: ti ou Ana podedes reneegar e renunciar a vosa parte que tedes como españoles en Cataluña, pero da miña decido eu. E España é unha finca que pertenece aos perto de cincuenta millons de propietarios que somos donos dela.