Cs tamén se apunta á estratexia de Feijóo e pide explicacións polo "financiamento pendente" á "rexión" de Galicia

Di que "a lexislación é clara e ampara o dereito da rexión a recibir o importe deste financiamento".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2019 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

As deputadas galegas de Cs, Beatriz Pino e María Vilas, rexistraron unha pregunta no Congreso dos Deputados para que o Goberno en funcións "dea explicacións" sobre o bloqueo das entregas a conta a Galicia.

A xuízo do partido, esta demora provoca que a Comunidade se atope nunha situación de "afogo" e, ao mesmo tempo, "obriga" á Xunta a "facer recortes e postergar os investimentos" para cadrar as contas públicas.

A formación laranxa explicou a petición presentada este mércores nun comunicado, no que precisou que "a lexislación é clara e ampara o dereito da rexión a recibir" o importe deste financiamento, sobre todo cando "a gran maioría de servizos públicos" depende das comunidades autónomas e dos concellos.

En concreto, Cs cuestionou ao Executivo para saber "cando se vai a liberar a actualización dos anticipos a conta" e sobre se o Goberno "é consciente" do que supoñen eses atrasos para Galicia e, sobre todo, para a prestación de servizos públicos esenciais.

Beatriz Piñeiro durante a rolda de prensa.
Beatriz Piñeiro durante a rolda de prensa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta