Traballadores de Extel na Coruña convocan folga contra a decisión de gravarlos durante a súa xornada laboral

Aseguran que tamén se lles trasladou que "a entrada á sala do comité de empresa contará cun rexistro de entrada e cámaras, atentando gravemente contra a liberdade sindical".

Por E.P. | A CORUÑA | 11/09/2019 | Actualizada ás 18:54

Comparte esta noticia

Traballadores de Extel na Coruña convocaron unha folga de 24 horas o próximo 16 de setembro contra a decisión da empresa de gravar ao persoal durante a súa xornada laboral, segundo denuncia o sindicato CGT.

Nun comunicado, sinala que, o pasado 6 de setembro, a dirección de Extel Coruña do grupo Adecco, subcontrata de Movistar, celebrou unha reunión co comité de empresa para comunicarlles que a partir do día 16 "comezaría a instalar un novo sistema de vixilancia no centro".

"Que consistirá en colocar cámaras operativas as 24 horas nas zonas comúns e nas salas de traballo, nas que só será posible acceder co recoñecemento da pegada dactilar". O sindicato asegura que tamén se lles trasladou que "a entrada á sala do comité de empresa contará cun rexistro de entrada e cámaras, atentando gravemente contra a liberdade sindical", sostén.

"A empresa o único que deixou claro é que os e as traballadoras do centro serán gravadas durante toda a súa xornada laboral, pero en cambio non foi capaz de explicar os motivos que lle levaban a implantar esta medida tan gravosa para a intimidade do persoal", sinala o sindicato que a tacha de "inxustificada e desproporcionada". Por este motivo, anuncia unha folga de 24 horas, á vez que insta á empresa a desistir desta medida.

Reunión entre representantes de A Mesa pola Normalización Lingüística e das seccións sindicais de Extel
Reunión entre representantes de A Mesa pola Normalización Lingüística e das seccións sindicais de Extel | Fonte: A Mesa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta