O Consorcio Contraincendios xestionará de forma directa os dez parques comarcais de bombeiros da Coruña

Por E.P. | A CORUÑA | 13/09/2019 | Actualizada ás 16:15

Comparte esta noticia

O Consorcio Provincial Contraincendios xestionará de forma directa os dez parques comarcais de bombeiros da Coruña a partir de 2020, segundo acordaron a Xunta de Galicia e a Deputación coruñesa.

Reunión do pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Reunión do pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Fixérono na constitución do novo pleno do Consorcio, integrado por ambas as institucións. O mesmo estará presidido polo presidente da Deputación coruñesa, Valentín González Formoso, co director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, na vicepresidencia.

No pleno, aprobáronse tamén as alegacións da Mesa Intersindical de Bombeiros e deuse luz verde definitiva á xestión directa do servizo de extinción de incendios e salvamento a partir de 2020, segundo informa o organismo provincial.

En total, segundo explica Vicepresidencia da Xunta, o Consorcio encargarase da xestión dos parques comarcais de Carballo, Arteixo, Arzúa, Ordes, Betanzos, As Pontes, Cee, Santa Comba e Ribeira.

Sobre esta decisión, lembra que a Xunta estableceu, en 2016, "unha vía de diálogo coas deputacións" para definir o modelo de xestión dos parques dependentes dos consorcios provinciais. Tanto as deputacións da Coruña como de Pontevedra e Lugo avogaron por cambiar o modelo e pasalo á xestión directa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta