As dúas cachorras de can rescatadas dun colector en Cuntis recupéranse no centro de acollida

Atópanse no centro da Deputación de Pontevedra, coa axuda de Rula, outra cadela que as adoptou e estalles dando de mamar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2019 | Actualizada ás 19:15

Comparte esta noticia

As dúas cadelas recentemente nadas rescatadas dun colector en Cuntis, bautizadas como Ánxela e Mara, recupéranse no Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra.

As dúas cadelas rescatadas dun colector en Cuntis recupéranse no centro de acollida da Deputación de Pontevedra
As dúas cadelas rescatadas dun colector en Cuntis recupéranse no centro de acollida da Deputación de Pontevedra | Fonte: Europa Press

Fano, segundo informa a Deputación, coa axuda de Rula, outra cadela do centro que as adoptou e estalles dando de mamar.

Persoal do CAAN destaca que Rula as aceptou moi ben e están "a evolucionar favorablemente", aínda que se atopan moi débiles, xa que non se alimentaron desde o seu nacemento.

No caso de que as dúas crías non gañen peso complementarase a súa alimentación con biberóns e, se a recuperación continúa, o CAAN esperará a que se cumpran 45 días para vacinalas e poder despois ofrecelas en adopción.

No que vai de 2019, o servizo do CAAN recolleu 563 cans en distintos concellos da provincia. Actualmente no centro hai case 500 animais.

A Deputación de Pontevedra lamentou este novo episodio de abandono animal. Nas próximas semanas porá en marcha unha nova campaña contra o abandono e polas adopcións. De feito, aprobou a principios de setembro a adxudicación do contrato para a posta en marcha de novas actuacións de mellora no CAAN de Meis por 293.627,90 euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta