O PP critica que o consello asesor do Museo de Pontevedra está "aberto a unha total inXerencia política"

O grupo provincial do Partido Popular de Pontevedra (PP) criticou que o novo consello asesor do Museo de Pontevedra é "pobre" e está "aberto a unha total ingerencia política".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2019 | Actualizada ás 16:53

Comparte esta noticia

O grupo provincial do Partido Popular de Pontevedra (PP) criticou que o novo consello asesor do Museo de Pontevedra é "pobre" e está "aberto a unha total inXerencia política".

Museo de Pontevedra
Museo de Pontevedra | Fonte: FirkinCat en Wikipedia.

Desta maneira, lamentou que o bipartito do PSOE e o BNG aprobe un regulamento "que non está á altura do seu prestixio".

O grupo explicou que hai sete persoas no consello asesor, pero que no regulamento "se recolle a posibilidade" de que esas persoas teñan "á súa vez asesores".

A secretaria local do PP, Pepa Pardo, asegurou que non existe en tal documento "ningunha mención aos criterios de selección" para garantir a "meritocracia" e evitar "a dedocracia do bipartito".

Ademais sinalou "a falta de transparencia" con respecto ás retribucións que vai recibir o consello asesor. Pardo explicou que o bipartito "falou de dietas" que logo foron substituidas por "comisións formativas", polo que reclama "máis claridade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta