Que pasa cos lobicáns do Barbanza?

Todo son hipóteses sobre o que está pasando cos lobicáns do Barbanza. Estrañas cortes nas orellas dos exemplares mortos teñen levantado sospeitas. Os gandeiros din que os soltaron para matar o gando e a Xunta négao. Impactante vídeo en maior formato no interior.

Por Galicia Confidencial | Barbanza | 04/05/2012 | Actualizada ás 00:07

Comparte esta noticia

Tal e como xa contamos no GC, nos montes do Barbanza apareceron xa varios lobicáns mortos por lazos corredizos e, alomenos tres deles, tiñan claras marcas realizadas polo home. Os gandeiros e a Xunta contradinse sobre o que está pasando. 

None

 

O primeiro que lle chamou a atención á Garda Civil, aos servizos de Protección da Natureza e aos membros do colectivo ecoloxista Axena, que foron os que deron conta dos áchádegos, foi que a maior parte dos exemplares mortos tiñan unha cor avermellada, unha capa moi uniforme de cor difícil de conseguir entre cans de aldea. "Ademais con que raza de can se consiguen eses cruces?", pregúntanse os membros de Axena.

 

Marca nas orellas

 

Con todo, o que máis lles chamou a atención foi que os lobicáns mortos polos lazos tiñan unha marca na mesma orella o que, según cren, pode ser indicativo de que "foran manexados polo home", criados en cautividade ou mesmo soltados ao monte "á mantenta".  

 

Polo momento, todo son preguntas ao aire e suposicións. Pero, estas sospeitas foron confirmadas pola Asociación de Gandeiros do Barbanza que acusaban a algunha empresa de soltar aos lubicáns expresamente para "facerlles dano", xusto cando máis vulnerable é o seu gando, na época de cría cando os poltros e os tenreiros son presas fáciles. Unhas sospeitas que, segundo os ecoloxistas, poderían ter que ver con axustes de contas ou con conflictos relacionados coa produción agroforestal do monte da zona, que xa ardeu en varias ocasións.

 

A Xunta négao

 

Tamén fontes da Xunta, nun primeiro momento, deron por válida esta explicación pero, pouco despois, en declaracións a La Voz de Galicia, Ricardo García-Borregón, director xeral de Conservación da Natureza e responsable directo do plan de xestión do lobo, negaba que se soltaran híbridos nos montes do Barbanza, a pesares das evidencias. "No tenemos indicios de que se suelten híbridos en Barbanza, a esto no podemos darle credibilidad alguna", asegura sobre os lobicáns atopados mortos e sobre as marcas nas orellas. 

 

Diversas entidades ecoloxistas convocaron o pasado sábado unha manifestación en Ribeira para denunciar a cruel morte destes animais. Precisamente, Axena acaba de editar un vídeo sobre o que está a acontecer nestes montes. Uns feitos que son actos criminais tipificados polas leis de Conservación da Natureza. Advertimos que as imaxes poden ferir a sensibilidade dos lectores. 

 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

2 Paren a matanza

A manifestación de Ribeira non foi só polos lobos mortos nos lazos, senón para esixirlle a Xunta de Galicia, empezando polo Director Xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón que deteña a matanza que están levando a cabo os cazadores na Serra do Barbanza. Se alguén quere saber de verdade o exterminio que están levando a cabo poden ler esta ligazón: http://www.matarpormatarnon.org/lob...

1 comento

falemos con propiedade. Os chamados "gandeiros" que teñen gando ceibo nas serras occidentais litorais (A Groba, Suido, Barbanza...) non son tal, SON CUATREORS, SON SEMIDELINCUENTES E MALTRATADORES PARA CO SEU GANDO, COA FAUNA SALVAXE, CO MEDIO, CO HÁBITAT (os lumes forestais seculares nas serras....ui ui uii) e SON, A MAIORÍA, XENTE QUE NO VIVE DO MONTE, DO GANDO, MAS QEU TEÑEN O MONTE COMO SEU E O QUE FAN É ACTUAR COMO MACARRAS,MAFIAS AMBIENTAIS E "SE LLES TOCAS MUITO OS COLLÓNS",PRÉNDENLLE ....AO MONTE. NON me fío un pelo deles, síntoo. E muitos forman parte desa praga que son os 100.000 escopeteiros deste país.Xa está ben de tanta parvada para con esa xente. Investigacións xa!