Os estranxeiros seguen mantendo cifras positivas de emprego en Galicia, mentres baixan no estado

A Seguridade Social gaña 417 afiliados estranxeiros en agosto (+1,05). Proceden, principalmente, de Romanía, China ou Marrocos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/09/2019 | Actualizada ás 10:54

Comparte esta noticia

A Seguridade Social gañou un total de 417 afiliados estranxeiros en agosto en Galicia, un incremento do 1,05% en relación a xullo, ata situar o total de inmigrantes ocupados en 40.176, segundo os datos publicados este xoves polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

En comparación co mesmo de 2018, o aumento dos estranxeiros afiliados á Seguridade Social é de 9,72% na Comunidade galega. A distribución por réximes é de 32.092 no xeneral (27.428 no subtipo xeral, 1.551 no agrario e 3.112 no fogar), 6.734 autónomos e 1.351 do mar.

Ademais, os dados de alta no sistema en Galicia son 16.375 estranxeiros procedentes doutros países da Unión Europea e 23.801 extracomunitarios.

DATOS ESTATAIS

No conxunto do Estado, a Seguridade Social perdeu unha media de 37.461 cotizantes estranxeiros en agosto (-1,7%), ata situarse o total de inmigrantes ocupados en 2.132.906 persoas.

Con este descenso, a afiliación de estranxeiros volve caer no conxunto de España en agosto por segundo mes despois do descenso de xullo, tras un refacho de cinco meses consecutivos de ascensos con cifras descoñecidas desde 2008.

Evolución dos afiliados medios estranxeiros á Seguridade Social en agosto de 2019 (Ministerio de Traballo). EPDATA
Evolución dos afiliados medios estranxeiros á Seguridade Social en agosto de 2019 (Ministerio de Traballo). EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta