Luz verde ao "maior investimento público" para o sistema científico universitario galego, con 20,5 millóns

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/09/2019 | Actualizada ás 15:41

Comparte esta noticia

O Goberno galego aprobou na súa reunión semanal, presidida polo vicepresidente, Alfonso Rueda, dado que Alberto Núñez Feijóo está de viaxe en Arxentina, unha orde de axudas que supón o investimento de 20,5 millóns de euros nos centros de investigación do Sistema Universitario Galego (SUG) para o período 2019-2022.

Laboratorio da Universidade de Santiago
Laboratorio da Universidade de Santiago | Fonte: USC.

En palabras de Rueda, trátase do "maior investimento público" realizado ata o momento no sistema científico universitario galego.

Segundo explicou, este investimento, un 66 por cento maior que na anterior convocatoria en termos relativos, suporá "un salto cualitativo e cuantitativo" no impulso dos que son "os maiores axentes científicos de Galicia".

Ademais, remarcou que se avanza na consolidación dunha estrutura de I+D+i "máis forte e competitiva no ámbito estatal e europeo".

Nesta mesma liña, precisou que "deixan de existir as dúas escalas que viñan definidas desde o ano 2016" (centros de investigación e agrupacións estratéxicas), para "integrarse nunha única escala" de centros de investigación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta