Gran operación contra o narcotráfico en Pontevedra e Marín: seis detidos e apañados 500 quilos de droga

Participan distintos efectivos policiais de Galicia e Madrid que contaron co apoio dun elicóptero.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2019 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo a seis persoas e fíxose con 500 quilos de droga no marco dunha operación antidroga que este xoves levou a cabo cun amplo despregamento no barrio pontevedrés de Estribela e no municipio veciño de Marín (Pontevedra). Fontes da investigación informaron de que ata agora foron detidas, polo menos, seis persoas e incautouse media tonelada de droga nunha nave situada no lugar de Coirados, en Marín.

Unidades especializadas da Policía Nacional practicaron varios rexistros e controis nas barriadas marinenses de San Pedro e de San Xulián, así como na avenida Marqués de Valterra, en Estribela, onde axentes armados inspeccionaron diferentes vehículos.

O dispositivo está dirixido polos efectivos do Greco Galicia (Grupos de Resposta Especializada contra o Crime Organizado), en colaboración coa Brigada Central de Estupefacientes de Madrid e axentes da Unidade de Intervención Policial (UIP) e do Grupo Especial de Operacións (GEO), así como outras unidades da Policía Nacional que incluíron o apoio aéreo dun helicóptero.

ABERTA

En relación a esta operación antidroga, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, destacou, en declaracións aos medios en Oroso (A Coruña), que "segue aberta" en diversas cidades españolas, dirixida pola Brigada Central de Estupefacientes e coordinada tamén co Greco Galicia.

Losada confirmou que hai tres denidos en Pontevedra e dous en Vigo. Ademais, a Policía Nacional interveu "unha nave con 500 quilos de cocaína", engadiu. Respecto diso, o delegado do Goberno en Galicia insistiu en que "a operación segue aberta" e estar " realizando noutras partes de España".

Detencións
Detencións | Fonte: POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta