Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2019 | Actualizada ás 11:04
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante o fin de semana a 75 persoas debido a 57 accidentes de tráfico rexistrados na rede viaria galega, das que unha faleceu.
A Central de Coordinación, informou o 061, recibiu 65 chamadas en relación con sinistros entre as 15,00 horas do venres 20 de setembro e as 23,59 horas do domingo. O día con máis incidentes foi o sábado, con 27 accidentes.
Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 71. En concreto, as ambulancias realizaron 63 saídas, mentres que os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en oito accidentes.
En 66 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes, en oito ocasións recibiron atención no lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto do sinistro. A proporción de homes atendida situouse no 51 por cento e a de mulleres, no 49%. En canto ás idades dos feridos, o 31% dos atendidos tiña entre os 20 e 34 anos.
Por provincias, A Coruña foi a que rexistrou máis accidentes, con 21 sinistros, durante os desprazamentos da fin de semana; seguida de Pontevedra, con 20; e Ourense e Lugo, con oito cada unha.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.