10-N.- O declive demográfico déixase sentir no censo electoral, 3.000 galegos menos para ir ás urnas

Pola contra, o número de residentes ausentes aumenta a máis de 3.300, segundo recolle o Censo de Residentes Ausentes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/09/2019 | Actualizada ás 11:23

Comparte esta noticia


Un total de 2.237.423 galegos están chamados ás urnas o 10 de novembro para elixir aos 23 deputados e 16 senadores que representarán ao catro provincias nas Cortes Xerais, o que supón 3.193 menos que nas eleccións xerais do mes de abril, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).

A este total de electores hai que sumar os 461.225 (3.316 máis que en 457.909) do censo de residentes ausentes (CERA), que tamén foron chamados a votar.

Dos 2,2 millóns de electores, 928.251 (930 menos que en abril) correspóndense coa provincia da Coruña; 772.766, coa de Pontevedra (135 máis); 277.229, con Lugo (1.062 menos); e 259.177, coa de Ourense (1.336).

Do total de electores, 11.371 son novos que votan por primeira vez ao cumprir 18 anos desde os últimos comicios de abril. Por provincias a repartición é o seguinte: A Coruña (4.674), Pontevedra (4.524), Lugo (1.114) e Ourense (1.059).

Papeletas, urnas, sobres, eleccións, municipais, autonómicas, europeas.. EUROPA PRESS - Arquivo
Papeletas, urnas, sobres, eleccións, municipais, autonómicas, europeas.. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta