Gonzalo Caballero pide unha "década de impulso progresista" para ter uns "felices anos 20" en Galicia

O secretario xeral do PSdeG considera a era do Goberno de Feijóo unha etapa "perdida" para o país.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2019 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, pediu unha "década de impulso progresista" para ter uns "felices anos 20" en economía e na sociedade galega fronte ao que considera unha etapa "perdida" con Alberto Núñez Feijóo á fronte da Xunta.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero | Fonte: Europa Press

"Galicia vaise a xogar o futuro entre dous proxectos de país distintos: o proxecto conservador da dereita, dun Feijóo esgotado, desganado e sen iniciativa; e un proxecto progresista e de esquerdas, no que a cidadanía pode confiar", manifestou.

Na súa intervención, o xefe de filas dos socialistas galegos asegurou que o decenio que se "pecha" en Galicia é unha "década de complexidade" e "inacción" política.

"Feijóo quere dicir que a Galicia lle pode quitar o soño se gobernan as forzas progresistas pero este Feijóo déixanos unha Galicia con 54.000 empregos menos, esa é a infelicidade da realidade galega do país", defendeu.

Así, asegurou que o que realmente lle "quitaría o soño aos galegos" sería unha "nova década gobernaba por un PP que non soluciona os problemas" e que "pactaría coa ultradereita para manterse no poder político en Galicia".

"ATAQUES" DO PP

O secretario xeral do Partido Socialista de Galicia criticou que os "ataques" do Partido Popular cara aos dirixentes do PSdeG "estean a chegar a niveis cada vez máis intensos".

"Estamos preparados para que toda a garda pretoriana de Feijóo, os Tellado, Prado, Calvo toda esa garda que ten poidan implementar todos os ataques máis feroces que poidan debuxar, pero Galicia non lles compra ese produto de ataque, de tensión, de falsidade", considerou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta