Os encoros galegos baixan a súa capacidade case ao 60% durante a última semana

Os encoros máis afectados son os de Miño-Sil, que perdeu máis de 70 hectómetros cúbicos, mentres que os de Galicia costa permanece case invariables.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2019 | Actualizada ás 15:58

Comparte esta noticia

A reserva dos encoros galegos baixou ao 62,5 por cento da súa capacidade na última semana, segundo os datos feitos públicos este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Este retroceso explícase pola perda de máis de 70 hectómetros cúbicos (-3,85%) dos encoros de Miño-Sil, xa que os de Galicia Costa atópanse case invariables respecto de fai sete días (+0,2%).

Así, a reserva en Miño-Sil baixa ao 61,8 por cento, cando era do 64,3 por cento a semana anterior. queda en 1.872 hectómetros cúbicos sobre unha capacidade total de 3.030. Con todo está por encima da cantidade do ano anterior por estas datas (1.707 hectómetros cúbicos) e da media da última década (1.663).

No tocante a Galicia Costa, atópase en 449 hectómetros cúbicos (450 na semana anterior). Tamén é máis que hai un ano (409) e que a media dos últimos 10 anos (392).

Reserva de Miño-Sil a 1 de outubro de 2019. EPDATA
Reserva de Miño-Sil a 1 de outubro de 2019. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta